00:01 h. martes, 19 de marzo de 2024

Feminicidio: visualizar, denunicar, erradicar, lema da campaña do BNG contra o terrorismo machista

O BNG denuncia que a loita contra o terrorismo machista está nun momento de involución na defensa dos dereitos das mulleres. “Vivimos meses terroríficos co asasinato en Galiza de cinco mulleres e dúas nenas”, salientou a portavoz parlamentaria de Igualdade, Carme Adán, ao que se suman outras formas de violencia de xénero como a sucesión de denuncias por acoso sexual contra responsables políticos

O Grupo Popular avoga pola liberdade do proxectista ou arquitecto no deseño de edificios e rexeita a imposición dos chamados tellados verdes

O portavoz de Vivenda, Jaime Castiñeira, lembrou que o Código Técnico de Edificación establece as esixencias mínimas de eficiencia enerxética que deben reunir os edificios. Castiñeira demandou deixar aos axentes que interveñen na edificación para procurar a solución máis eficiente segundo as circunstancias específicas

Máis de 4.200 persoas inscribíronse na bolsa de emprego temporal da Xunta de Galicia

A Consellería de Facenda fai pública a lista provisional de novos admitidos. Do total de novas solicitudes, 2.158 son para a contratación de persoal laboral temporal e outras 2.071 para o nomeamento de funcionarios interinos. O maior número de contratacións no eido da Administración xeral realízase nos centros de servizos sociais, en tarefas como coidadores ou auxiliares de enfermaría

O Consello dá luz verde para investir 28,5 millóns de € nas áreas de rehabilitación integral, o que permitirá contribuír á rehabilitación de 1.661 vivendas

Feijóo apunta que estes acordos entre a Xunta, o Ministerio de Fomento e os 38 concellos nos que se sitúan as 54 Areas serán asinados no marco da comisión bilateral de seguimento do Plan Estatal de Fomento do Alugueiro de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas 2013-2016

O Plan director do Camiño impulsa a colaboración entre Turismo de Galicia e as entidades eclesiásticas da ruta xacobea

A directora de Turismo de Galicia presentou o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago ao deán da Catedral. O documento dedica un plan de acción específico á colaboración entre a Xunta e as entidades eclesiásticas do Camiño que establece liñas de traballo en materia de xestión compartida de equipamentos, programas de apertura do patrimonio eclesiástico ou mellora do acompañamento e acollida ao peregrino, entre outras

Turismo de Galicia e o Consorcio da Ribeira Sacra colaborarán na procura dunha imaxe uniforme e unificada do destino

A directora de Turismo de Galicia asinou este xoves un convenio de colaboración co presidente do Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e información do turismo neste territorio. O convenio integra accións de diferente índole que continuarán coa labor de potenciación turística que se está a realizar neste territorio a raíz da posta en marcha do Plan de Dinamización Turística e a posterior creación do Consorcio Ribeira Sacra

Aprobado o Plan de Banda Larga de Galicia 2020 co fin de que todos os galegos teñan acceso equitativo a redes ultrarrápidas de telecomunicacións

O titular da Xunta lembra que da situación que había a principios de 2009, con máis de 786.000 galegos sen acceso a Internet, pasouse a que a práctica totalidade dos cidadáns, dos servizos públicos e os parques empresariais de Galicia conten con acceso de polo menos 2 megas de velocidade. Engade que hoxe en día o 50% da poboación ten acceso a redes con velocidades de ata 200 megas e indica que se reforzaron e ampliaron as infraestruturas do operador público Retegal

Feijóo pon en valor a colaboración das entidades financeiras

O presidente do Goberno galego presidiu a sinatura do convenio de colaboración en materia de vivenda social entre a Xunta e o Banco Sabadell Gallego. Este banco, ao igual que fixeron antes Abanca e a Caixa Rural Galega, garante que ningunha execución hipotecaria que dependa del rematará no desaloxo dunha familia da súa vivenda habitual Os acordos asinados con estas tres entidades e mais coa Sareb permiten que a Xunta dispoña de 240 vivendas para alugueiro social

O gasto dos turistas internacionais que visitaron Galicia en agosto acada un máximo histórico ao superar os 153 millóns de euros

O gasto total do turismo internacional rexistrado na comunidade galega no mes de agosto medrou un 14,7% en relación ao mesmo mes do ano anterior. Os turistas internacionais que chegaron a nosa comunidade nos oito primeiros meses do ano realizaron un gasto total de máis de 650 millóns de euros, acadando tamén un máximo histórico

O programa ‘Galicia a todo tren’ acolleu na súa terceira edición máis de 2.200 pasaxeiros incrementando a súa ocupación ata o 87%

Os sete itinerarios dos trens turísticos estiveron constituídos nesta terceira edición por 57 trens que ofertaron un total de 2.524 prazas, 74 prazas máis que o pasado ano. A demanda da terceira edición do programa incrementouse en cinco puntos porcentuais en relación á celebrada no pasado ano. A Ruta do Viño da Ribeira Sacra foi a que rexistrou unha maior demanda ao acadar unha ocupación do 100% en todos os seus percorridos

O BNG pregunta ao Goberno polo caso Baltar e se vai pedir a súa dimisión

Francisco Jorquera avanzou que a pesar de que o BNG non poderá preguntar a Feijóo na quenda de preguntas por mor dos recortes establecidos polo pacto PP-PSOE, o BNG preguntará ao Goberno pola denuncia dunha muller contra o Presidente da Deputación, José Manuel Baltar, ante un presunto delito de “acoso sexual”, tipificado na Lei de Igualdade galega

Galicia pecha o mes de setembro cun total de 215.737 persoas desempregadas

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, destacou que Galicia xa acumula case dous anos de baixadas interanuais consecutivas. Grazas a esta evolución, a cifra de desempregados actual sitúase a niveis inferiores aos de 2010. Trátase da segunda maior baixada interanual nun mes de setembro de toda a serie histórica. Destacou o comportamento da construción e da industria, sectores nos que descende o paro rexistrado

Os socialistas demandan “un plan galego de dinamización dos parques empresariais” e unha maior coordinación entre as consellerías de Industria e Infraestruturas

No debate dunha proposición non de lei en comisión, rexeitada polo PP, o portavoz de Industria do PSdeG, Abel Losada, lembrou que “as dotacións de capital humano, físico e financeiro son os tres piares fundamentais para o desenvolmento de proxectos empresariais solventes, pero en Galicia temos un problema evidente”

A directora de Turismo de Galicia destaca que as Rutas dos Viños conforman un referente de turismo de calidade

Resalta o gran potencial enoturístico do territorio do Ribeiro, así como a importancia de seguir traballando pola mellora da calidade e a excelencia. Afirma que o turismo enolóxico estase a converter nun dos principais reclamos da Comunidade galega. Sinala que as Rutas dos Viños contribúen ao impulso do sector e actúan como motor de desenvolvemento económico e cultural das cinco zonas de produción vitivinícola con Denominación de Orixe

Turismo de Galicia promove a gastronomía galega en México coas xornadas divulgativas ‘El Sabor de Galicia’

Turismo de Galicia colabora coa Oficina de Turismo de España en México D.F. na organización destas xornadas que mostran ao logo do mes de novembro a mellor gastronomía galega. O cociñeiro do Grupo Nove Iñaki Bretal impartirá un curso de elaboración de pratos galegos e elaborará degustacións para o público asistente. O mercado americano representa o 18,4% do total da demanda internacional a Galicia, segundo os datos do INE

Feijóo responderá do caso Baltar no próximo Pleno do Parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, preguntaralle ao presidente da Xunta, na próxima sesión de control do Parlamento, si respalda a actuación do presidente da Deputación de Ourense ao presuntamente ofrecer un posto de traballo a cambio de sexo

O turismo de reunións de Galicia promociónase en Italia no evento especializado ‘TTG Incontri’

Turismo de Galicia está a promocionar a nosa comunidade como destino turístico para a organización de congresos, convencións e viaxes de incentivo ante os operadores turísticos italianos especializados nesta modalidade turística. No pasado ano 2014 rexistráronse preto de 115.000 viaxeiros italianos aloxados nos establecementos regrados de Galicia, cifra que superou nun 29% o dato do anterior ano 2013

O PPdeG critica a demagoxia e ignorancia nas acusacións da deputada socialista Marisol Soneira sobre a situación no hospital do Centro Galego de Bos Aires

A portavoz de Emigración, Paula Prado, lembra que “a responsabilidade última da situación na que se atopa o hospital e o centro galego é dos graves erros do Goberno bipartito” . Engadiu que “os únicos que puxeron en perigo o patrimonio do Centro Galego foron os xestores do Partido Socialista, acumulandounha débeda ata o ano 2009 de máis de 20 millóns de euros”

Feijóo agarda que a reunión en Galicia dos embaixadores da Liga Árabe sirva para reforzar lazos

Afirma ante os representantes diplomáticos que Galicia é unha potencia a nivel europeo en gandería, pesca e marisqueo e que a súa industria agroalimentaria é sinónimo de calidade. Pon en valor que o crecemento das exportacións durante a crise e indica que entre xaneiro e xullo deste ano Galicia xa leva exportado un 2% máis que en 2013, polo que xa superou a súa plusmarca histórica

Turismo de Galicia viaxa a Xapón para promoverse na feira JATA, o encontro do sector máis importante do país

A feira JATA celebrouse entres os días 25 e 27 de setembro na capital xaponesa e constitúe un dos certames turísticos máis importantes do mercado asiático. Turismo de Galicia participou no workshop Business Meeting, organizado pola propia feira e nunha xornada profesional organizada pola OET. A ocupación hoteleira dos viaxeiros xaponeses que se achegaron a Galicia nos primeiros sete meses do ano medrou un 14,3% e as pernoitas un 2,1% en relación ao mesmo período de 2014

image_gallery

A Xunta analiza posibles vías de colaboración en materia educativa coa máxima responsable de Educación de Nova York

Alfonso Rueda mantivo unha xuntanza ca Chanceler de Educación da cidade de Nova York, Carmen Fariña, de orixe galego. O vicepresidente amosoulle o orgullo de ter unha galega ao fronte dun cargo de esa relevancia na cidade neoiorquina. Entre as propostas de colaboración están o irmandamento entre centros educativos prestando especial atención ás Tics, o intercambio de estudantes, auxiliares de conversa e alumnado en practicas

O sector educativo, ao borde da insubordinación

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, criticou o “errático e caótico” comezo de curso por parte do goberno galego, que “podería estar situando ao sector ao borde da insubordinación”