00:07 h. martes, 19 de marzo de 2024

A Deputación de Lugo colabora coa XXVIII Festa da Castaña de Folgoso do Courel

Candia di que dende a Deputación “apostamos, a través desta axuda, pola potenciación e a comercialización dos produtos autóctonos da provincia”. A alcaldesa do Courel agradece esta subvención que se converte “nun recoñecemento a este produto beneficioso para a economía familiar do concello”

XXIX Xornadas Penitenciarias lucenses‏

Elena Candia agradeceu o compromiso da Asociación Concepción Arenal e lembrou que a Deputación colabora con estas xornadas a través dunha axuda de 5.000 euros

Lara Méndez entra a formar parte do Consello Territorial da FEMP

“Creo nas entidades locais, na clarificación da súas funcións e competencias e nun financiamento adecuado para impulsar un territorio e garantir uns servizos de calidade para todos os seus veciños e veciñas”, asegurou a Alcaldesa de Lugo

O San Froilán 2015 chega a Madrid

Carmen Basadre e José Ramón Ónega presentaron este venres na Casa de Galicia en Madrid o programa oficial destes festexos declarados de Interese Turístico Galego e Nacional. “O San Froilán é o mellor escaparate da historia, do patrimonio, da gastronomía e da cultura de Lugo” destacou a edil

Arrocería Os Cachivaches e Xoldra, gañadores da mellor tapa popular e ecolóxica do XI Concurso de Tapas de Lugo

Carmen Basadre entregou os premios populares desta cita culinaria, que se celebrou entre o 11 e o 27 de setembro en preto de 50 locais hoteleiros da cidade. Do 6 ao 8 de novembro o xurado técnico visitará os 12 locais hostaleiros finalistas para decidir cal é a tapa gañadora do concurso. Nestes días todo o público poderá degustar de novo estas tapas

Armesto: “Ademais do mal funcionamento das ferramentas electrónicas do Innovate, o goberno de Besteiro puido ter feitas adxudicacións ilegais dentro deste programa”

O voceiro dos populares afirma que o daquela asesor e concelleiro do PSOE en Láncara e na actualidade tamén deputado provincial, Pablo Rivera, resolveu, sen ter competencia, alegacións sobre conflito de intereses entre empresas na adxudicación de preto de 5 millóns de euros na segunda fase do Innovate

Lara Méndez: “A distinción do cemiterio fortalece o posicionamento de Lugo como destino cultural en España”

A Alcaldesa avanza actividades para difundir e poñer valor o mausoleo neogótico do camposanto, recoñecido como mellor monumento funerario do país. “Aumentan as distincións ao noso patrimonio histórico e cultural, o que dá boa conta dos excepcionais recursos cos que contamos na cidade e potencia aínda máis o atractivo turístico de Lugo”, subliñou a rexedora

Lugo conta co mellor monumento funerario de España

O mausoleo neogótico situado á entrada do cemiterio lucense gañou o certame por máis dun cento de votos con respecto ao segundo máis votado, o que contribuirá a aumentar o atractivo turístico do municipio