00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Arrocería Os Cachivaches e Xoldra, gañadores da mellor tapa popular e ecolóxica do XI Concurso de Tapas de Lugo

Stadio Sport  |  08 de octubre de 2015 (19:37 h.)

Carmen Basadre entregou os premios populares desta cita culinaria, que se celebrou entre o 11 e o 27 de setembro en preto de 50 locais hoteleiros da cidade. Do 6 ao 8 de novembro o xurado técnico visitará os 12 locais hostaleiros finalistas para decidir cal é a tapa gañadora do concurso. Nestes días todo o público poderá degustar de novo estas tapas

 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basdre, entregou este xoves no Salón de Plenos os premios aos gañadores da mellor tapa popular e ecolóxica do XI Concurso de Tapas de Lugo, que se celebrou entre o 11 e o 27 de setembro en preto de 50 locais hoteleiros da cidade. O gañador na categoría de mellor tapa popular foi a do Restaurante Arrocería Os Cachibaches, con Néboa do bosque, que consistía nun venado en terra de arroz e árbores de brócoli con néboa da Ribeira Sacra. Na categoría da mellor tapa ecolóxica, o gañador foi o Restaurante Xoldra, que presentou ao concurso unha hamburguesa de tenreira cachena ecolóxica con queixo San Simón, cebola acaramelada, pementos de padrón e iuca crocante.

Ao acto de entrega de premios desta mañá asistiu tamén o secretario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APHEL), Jacobo García, e o secretario do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Javier García Lozano.

O Concello colabora con APHEL con esta cita gastronómica cunha achega económica de 15.000 euros, posto que se enmarca na súa aposta  por potenciar a Lugo como destino gatronómcio e por promover un turismo do século XXI, cultural, gastronómico e accesible. “Seguiremos traballando firmemente para que Lugo continúe a ser un sitio de referencia como destino turístico, poñéndoo en valor entre todos para conseguir un turismo de calidade, onde a xente poida gozar da cidade”, destacou a edil.

Carmen Basadre tamén agradeceu a participación a todos os establecementos, que en cada edición presentan “tapas máis creativas e de máis calidade”.

 

12 finalistas

Do 6 ao 8 de novembro o xurado técnico visitará aos 12 locais hostaleiros finalistas para decidir cal é a tapa gañadora deste concurso. Durante estes días todo o público poderá degustar de novo estas tapas. Os locais finalistas, elexidos polos participantes, son: A Rotonda, Arrocería Os Cachivaches, As Tapiñas, Bríos Cervecería, Bulló Xantar, Campos, La Encian, Mesón Colón, O Mercado Street Food, Paprica, Parrillada Antonio e Xoldra. 

Hemeroteca