00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

A Deputación de Lugo colabora na organización do primeiro encontro de mulleres con discapacidade na provincia

Stadio Sport  |  27 de septiembre de 2015 (00:00 h.)

Teijeiro considera este encontro "unha oportunidade para debater e reflexionar, un espazo onde poder compartir necesidades e inquedanzas, retos e superacións"

 

A vicepresidenta da Deputación, Mari Teijeiro, asistiu este sábado ao primeiro encontro de mulleres con discapacidade na provincia, centrado nas temáticas de saúde e alimentación, e que se celebra hoxe na localidade de Xove.

A vicepresidenta da Deputación considera este encontro como "unha oportunidade para debater e reflexionar sobre a realidade das mulleres con discapacidade, e das mulleres no rural, factores que reforzan situacións con maiores niveis de discriminación".

Teijeiro amosouse convencida do valor real desta iniciativa, "que transcende moito máis alá de calquera análise", e agradeceu a labor de ACADAR, a Asociación de Mulleres Galegas con Discapacidade, que traballa pola igualdade así como a  inclusión  e o empoderamento, neste caso de mulleres q están nunca situación de maior vulnerabilidade.

Para  a responsable de Benestar do ente provincial  "as administracións temos un papel fundamental, traballar para derribar barreiras e lograr que a igualdade de oportunidades sexa real e efectiva, pero necesitamos do tecido asociativo e das redes de mulleres". Nese senso, Teijeiro desexou que "este fose o primeiro de moitos encontros nos que poder compartir éxitos e avances no traballo da integración social".

A administración provincial colabora no financiamento deste acto, organizado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade  de Galicia (ACADAR). A presidenta da Deputación, Elena Candia,  asinou o convenio regulador dunha subvención de case 5.000 euros coa responsable de ACADAR, Mónica Álvarez, para sufragar os gastos deste programa posto en marcha pola entidade.

 

Proxecto Nos+Otras: en Red

Durante o encontro en Xove, tamén se presentou o proxecto que pon en marcha a Rede Museística Provincial e o Museo Thyssen, baixo o nome de Nos+Otras: en Red. Este proxecto conta coa participación de numerosos artistas, colectivos e asociacións de mulleres, así como educadoras e educadores de museos de diferentes países, traballando en común para facer do museo un espazo de creación feminina. A partir de talleres de artistas traballarase para xerar propostas en diferentes formatos que se recollerán nunha exposición final. O obxectivo é o de crear un espazo permanente no que traballar e reflexionar sobre cuestións de xénero, educación en valores, campañas contra o maltrato e programas de diálogo intercultural e interrelixioso.

Hemeroteca