17:39 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

As brigadas municipais acometen obras de mellora no Xardín do Posío, así como nas prazas de San Marcial e da Ferreiría en Ourense

Numerosas queixas veciñais reclamaron unha actuación urxente neste espezo emblemático da cidade, sobre todo na zona do parque infantil. O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas visitaron aos traballadores municipais que están realizando as obras de mellora

Stadio Sport  |  26 de Agosto de 2015 (20:23 h.)
Más acciones:

 

As brigadas municipais da Concellería de Infraestruturas e Medio Ambiente comezaron esta semana obras urxentes de mellora no Xardín do Posío, na zona superior deste emblemático recinto da cidade. Esta mañá recibiron a visita do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e do concelleiro responsable, José Araújo.

No transcurso desta visita, ambos explicaron que foron numerosas as queixas veciñais recibidas no Concello alertando do grado de deterioro que estaba experimentando o Xardín do Posío, sobre todo na zona onde se ubica o parque infantil e o palco. Asimesmo, recalcaron que este deterioro veu motivado por falta de mantemento nas instalacións, que aceleraron a situación á que hoxe en día lle están poñendo freo as brigadas municipais. Tamén subliñaron que son moitos os veciños que alertan de actos de vandalismo e falta de vixiancia na zona, algo para o que o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, se comprometeu a reforzar a vixilancia policial.

Os traballos de mellora consisten, por parte do Servizo de Infraestruturas: na reparación de bancos, acondicionamento de barandillas (reparación de elementos verticais e horizontais e pintado), reparación e acondicionamento do estanque (limpeza e reparación de planchas de metacrilato e caseta dos patos), e reparación de columnas de pedra no cerramento exterior do Xardín do Posío, así como reparación de losetas de pedra en diferentes puntos do interior do parque.

Por parte do Servizo Eléctrico, se revisarán, repararán e limparán, se procede, todas as farolas de alumeado público do Xardín do Posío e de rúas adxacentes.

Con respecto ao Servizo de Medio Ambiente, os traballos consistirán na reposición de elementos vexetais secos, na poda de ramas secas do arbolado, na revisión integral do sistema de riego, na tala de árbores secos e na resembra do céspede na zona destinada a el.

No tocante ao Servizo de Limpeza, se procederá á limpeza de pintadas en paredes e elementos verticais do parque, no desbroce e limpeza dos camiños de zahorras e zonas duras, así como dos alcorques. Tamén se procederá á hidrolimpeza de todas as superficies pavimentadas, á desobturación de sumidoiros e á limpeza e recheo do estanque.

Á súa vez, tamén se están levando a cabo actuacións das brigadas municipais nas prazas de San Marcial e da Ferreiría. No que respecta á praza de San Marcial, se está a reparar o firme de praza, tanto en zona de pedra como adoquinado con cantos rodados. Tamén se está procedendo a reparar a fonte ornamental e a revisar o alumeado público.

No tocante á Praza da Ferreiría, se está a reparar o firme en diferentes puntos da praza, así como a repoñer elementos vexetais das xardineiras da praza. Tamén se está revisando o alumeado público da praza e, se procedese, ao seu correspondente arranxo.