
O suceso tivo lugar na tarde deste domingo na Praza dos Suaves
Unha chamada dunha hosteleira da zona alertou os bombeiros, ás 17:15 horas de fume que saía o inmoble situado na Praza dos Suaves 2, 1º. Os bombeiros personáronse no lugar e, logo de apagar as chamas, a Policía Local, coa asistencia dunha ambulancia medicalizada, certificaron a presenza dunha persoa no interior. Trátase dun varón de 92 anos, único residente do inmoble.
Sen poder confirmar a estas horas debido ao fume que hai no inmoble, a orixe do lume puido producirse na habitación onde se atopaba o home, segundo as primeiras pesquisas policiais, polo que se descarta morte violenta. A Policía Científica tamén está arestora no lugar do sinistro.