00:07 h. martes, 19 de marzo de 2024

34 premiados máis con vales de 50 euros por mercar no pequeno comercio da cidade

Stadio Sport  |  03 de enero de 2016 (15:34 h.)

O voceiro municipal e o Presidente da Federación de Comercio fixeron unha nova entrega de cheques no marco da campaña O Nadal Sorpréndete, impulsada polo Concello e o colectivo de comerciantes para dinamizar o sector

 

34 persoas recibiron este sábado no Salón de Plenos do Concello vales de 50 euros por comprar no pequeno comercio da cidade. O voceiro municipal, Miguel Fernández, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, ocupáronse desta segunda entrega de cheques, enmarcada na campaña O Nadal Sorpréndente, impulsada polo Concello e o colectivo de comerciantes para dinamizar o sector nas datas navideñas atraendo clientes ao centro. Co acto de hoxe, 65 persoas xa foron premiadas, quedando outra entrega ata completar os 100 cheques, que suman un valor total de 5.000 euros.

Os premiados son sorprendidos por diferentes personaxes propios de Nadal, que percorren as rúas da cidade en busca de consumidores que mercan no pequeno comercio.

Miguel Fernández felicitou aos 34 novos gañadores dos cheques e agradeceulles que compren nas tendas da cidade, pois contribúen deste xeito a manter un sector fundamental en Lugo a nivel económico e social.

O Concello completa esta iniciativa para impulsar o sector comercial facilitando catro liñas de buses urbanos gratuítas que pasan polo centro, en concreto, pola rúa Bolaño Rivadeneira e a Praza de Santo Domingo. Ata o día 5 de xaneiro, de luns a venres e sábados á mañá –laborais- as viaxes serán de balde na liña 3 (de Ramil a Fingoi); 4 (da Tolda á Abella); 7A (das Gándaras ao cemiterio) e 6 (de Montirón á Residencia), e os sábados á tarde, domingos e festivos, as liñas 3AE, 4E, 5E e 6E.

Hemeroteca