A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), comunica que a Selección de Fútbol do Sáhara Occidental estará en Galicia os vindeiros días, onde disputará tres partidos
Hoxe ás 11:00 H haberá unha recepción no Concello de Vigo co alcalde, Don Abel Caballero. Ás 17:00 H haberá unha recepción na Deputación de Lugo e ás 19:00 H o partido de fútbol en Sarria con a SD Sarriana (equipo de terceira división).
O venres, 28 de Marzo, celebrarase ás 17:00 H o partido no campo de Candeán na Madroa cunha selección de ex xogadores do R. C . Celta de Vigo e outros equipos da cidade da Liga de Veteranos. Tamén visitarán o posto de SOGAPS na Reconquista de Vigo.
O sábado, 29 de Marzo, ás 13:00 H haberá unha recepción no Concello de Noia cos alcaldes da comarca e ás 18:00 H celebrarase o partido cunha selección comarcal (Ría Noia- Muros).