Imprimir

O alcalde de Oleiros oponse a que os concellos da comarca paguen a débeda orixinada pola Coruña na EDAR de Bens

Stadio Sport | 18 de septiembre de 2015

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, manifestou a súa oposición a que a EDAR de Bens solicite un crédito para pagar os oito millóns de euros que se lle deben a Emalcsa polas obras da estación

 

García Seoane lembrou que foi o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia os responsables da posta en funcionamento da depuradora e, polo tanto, son esas institucións as que teñen que afrontar as débedas derivadas de esa construción.

O alcalde explicou que a responsabilidade dos concellos da comarca comezou cando se tomou a xestión da empresa. “Esa débeda procede de cando Emalcsa puxo en funcionamento a EDAR de Bens. A obra entregouse mal, cun montón de avarías e problemas. Polo que a responsabilidade é do Concello da Coruña, que é quen ten que pagar esa débeda. Senón a Xunta de Galicia, pero non os concellos da área metropolitana”, dixo.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/a-corunha/alcalde-oleiros-oponse-concellos-da-comarca-paguen-debeda-orixinada-pola-coruna-na-edar-bens/20150918002618043727.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS