17:24 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller, obxectivo da nova exposición que acolle o centro Maruja Mallo de Lugo

A mostra Mulleres. Protagonistas do Desenvolvemento permanecerá aberta dende hoxe ata o vindeiro venres, 2 de outubro, de 08:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas. A entrada é de balde

Stadio Sport  |  29 de Septiembre de 2015 (15:06 h.)
Más acciones:

 

O Centro de Convivencia Maruja Mallo acolle a exposición itinerante Mulleres. Protagonistas do Desenvolvemento da Fundación Jóvenes y Desarrollo. Trátase dunha mostra gratuíta composta de 4 paneis, así como de material didáctico, dende infantil ata bacharelato, e reportaxes de proxectos de cooperación con mulleres en África, coa que pretenden promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller, dando a coñecer a realidade da muller en diferentes ámbitos, equidade, economía, saúde e educación. Na mostra toman como exemplo a realidade da muller africana, elección motivada pola graviade e vulnerabilidade da súa situación.

O Concello de Lugo colabora con esta iniciativa cun achega económica de 3.000 euros, posto que se enmarca na súa decidada aposta polas políticas de igualdade real e pola diversidade. “Esta exposición é unha oportunidade única para reflexionar sobre a situación das mulleres no mundo, principalmente nos países menos desenvolvidos”, subliñou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, quen loubo o labor da fundación para fomentar actitudes de respeto e solidaridade, especialmente cos menores e coas mulleres dos países menos desenvolvidos.

O venres día 2, ás 18:00 horas tamén terá lugar unha charla de voluntariado e un obradoiro de manualidades neste mesmo centro de convivencia.

 

Horarios da exposición

Mulleres. Protagonistas do Desenvolvemento poderase visitar ata o 2 de outubro, en horario de 08:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas. A entrada é de balde.