17:34 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Lugo homenaxea a Mercedes Cora no libro de Manuel Curiel, que foi presentado no Concello

Carmen Basadre puxo en valor a figura desta actriz como “unha muller pioneira e avanzada para aquela época” e agradeceulle ao Grupo Fonmiñá que realizara esta investigación

Stadio Sport  |  22 de Septiembre de 2015 (22:16 h.)
Más acciones:

 

A Concelleira de Cultura, Turismo Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director da XXXVII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel, presentaron este martes no Salón de Plenos o libro Mercedes Cora. De Monte Cubeiro a Monte Parnaso, publicación editada polo Grupo Foto Cinematográfico Fonmiñá coa colaboración do Concello de Lugo.

No acto de presentación desta publicación, unha homenaxe póstuma á actriz Mercedes Cora, tamén participaron o escritor de Castroverde e curmán da homenaxeada, José María Gómez Vilabella, e o Director Xeral do Grupo El Progreso, José de Cora Paradela.

Carmen Basadre puxo en valor a figura de Mercedes Cora como “unha muller pioneira e avanzada para aquela época” e agradeceulle ao Grupo Fonmiñá que realizara esta investigación, así como a organización de todos os actos da Semana Internacional de Cine de Autor.

Pola súa banda Manuel Curiel resaltou que “escribir este libro foi bastante sinxelo pola importante colaboración que tivo de toda a familia de Mercedes Cora”. Tamén agradeceu a colaboración das distintas institucións co traballo que realizan.

Esta tarde ás 20:00 horas proxectarase no salón de actos do Pazo de San Marcos a primeira película do ciclo homenaxe a Mercedes Cora, La hermana San Sulpicio, á que asistirá a familia da actriz. Os asistentes á presentación e proxección desta película recibirán un libro como agasallo.

 

Mercedes Cora

Josefina Carrodeguas Gómez, máis coñecida como Mercedes Cora, foi unha rapaza que, nos seus días, alá polos anos corenta e cincuenta, revolucionaba as feiras de Castroverde nos verán coa súa beleza. Nada en Cuba, a onde emigrara a súa nai, filmou once películas e morreu en Madrid con 52 anos por un cancro de peito.