17:28 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Candia asume a presidencia do Consorcio Provincial Contra Incendios

Segundo o acordo rotatorio dos estatutos, correspóndelle a titularidade da Presidencia á Deputación de Lugo por un período de dous anos, mentres que a vicepresidencia continúa na persoa do Director Xeral de Emerxencias e Interior

Stadio Sport  |  22 de Septiembre de 2015 (22:12 h.)
Más acciones:

 

A titular da Deputación de Lugo, Elena Candia, asumiu este martes a presidencia do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. A elección da titular da Presidencia do Consorcio levouse a cabo, en base aos estatutos, durante o pleno extraordinario celebrado esta mañá con carácter de urxencia. No transcurso da sesión tamén tomaron posesión os representantes da Deputación e dos Concellos para completar os órganos estatutarios correspondentes.

O acordo rotatorio recollido nos estatutos polos que se rexe o Consorcio provincial contra Incendios establece que lle corresponde á Deputación de Lugo ocupar a titularidade da presidencia do Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. Estes estatutos establecen que a Presidencia se renovará cada vez que cambien os cargos dalgunha das administracións consorciadas. Esta titularidade prolongase por un período de dous anos e nesta ocasión correspóndelle á Deputación de Lugo. Pola súa banda, a vicepresidencia continuará a ser asumida polo director Xeral de Emerxencias e Interior de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Luís Menor Pérez.

No pleno extraordinario celebrado hoxe tamén tomaron posesión os representantes da Deputación e dos concellos de Monforte e Sarria. Neste caso, pola Deputación están a presidenta Elena Candia, e os deputados, José Demetrio Salgueiro e Eduardo Vidal Baamonde; mentres que polos concellos de Monforte e Sarria, os respectivos alcaldes, José Tomé e Pilar López.

 

Continúase co normal funcionamento do Consorcio

Durante a celebración do primeiro pleno do Consorcio con Candia como presidenta, deuse continuidade ao normal funcionamento do ente e resolvéronse asuntos que figuraban na axenda do Consorcio. Entre eles, continuouse co proceso de licitación para a adquisición dun vehículo (bomba nodriza pesada) para o parque de Monforte de Lemos.  A urxencia deste pleno fundamentábase tamén na necesidade de darlle continuidade a este proceso, tendo en conta que se tratan de investimentos que atinxen a fondos europeos.

Tras a celebración desta sesión extraordinaria, a presidenta quixo dar a benvida aos novos membros e puxo en valor a función que desenvolve o Consorcio atendendo a un servizo de vital importancia para a provincia. Neste senso, Candia tamén resaltou o seu compromiso para desenvolver un traballo coordinado entre administracións e co obxecto de actuar en todos os aspectos que requiran dunha posible mellora dentro deste servizo.