17:26 h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Arte e viño na nova exposición fotográfica que acolle de xeito paralelo o MIHL e a rúa da Raíña

Carmen Basadre inaugurou a mostra Rías Baixas, o viño do mar que recolle 30 fotos tomadas nas 5 subzonas que compoñen a Denominación de Orixe, así como 2 cubos expositivos, que recollen outras 40 fotografías

Stadio Sport  |  02 de Octubre de 2015 (16:27 h.)
Más acciones:

 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araújo, e o fotógrafo Xurxo Lobato inauguraron este venres a mostra Rías Baixas, o viño do mar,  a nova exposición fotográfica que acolle de xeito paralelo o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e a Rúa da Raíña durante o mes de outubro.  

No acto, Carmen Basadre subliñou que a exposición “pon cor a este outono lugués na mellor festa do outono, o San Froilán”, ao mesmo tempo que fixo fincapé nas imaxes “que impactan, chaman a atención e nos achegan ao universo dun dos mellores brancos do mundo”.

Pola súa banda, Gil de Araújo agradeceu a colaboración do Concello “para poder mostrar ao público de Lugo a beleza que hai detrás do traballo de viticultura e a importancia social e económica deste sector”, desexando que os viños de Denominación de Orixe estean sempre presentes en Lugo.

Lobato, quen tamén agradeceu á entidade local a acollida desta exposición que el mesmo definiu como un “cántico ao viño”, lembrou o proceso fotográfico para conseguir o resultado de Rías Baixas, o viño do mar, que nace como froito dun traballo dun ano, no que o fotógrafo mostra a produción vitivinícola, o territorio, a paisaxe, a evolución da uva e o patrimonio histórico artístico tan vencellado á produción do Alvariño. 

 

70 fotografías para homenaxear ao viño branco das Rías Baixas

Rías Baixas, o viño do mar recolle unha selección de 30 fotografías de Lobato tomadas nas cinco subzonas que compoñen a Denominación de Orixe Rías Baixas nas diferentes estacións do ano, así como de dous cubos expositivos, con 8 paneis cada un, que recollen outras 40 fotografías. Todas as instantáneas proceden do libro Rías Baixas, o viño do mar,  editado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas con motivo do seu 25 aniversario.

 

Horarios da exposición

Rías Baixas, o viño do mar poderase visitase no MIHL ata finais de outubro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde. Tamén se poderán contemplar algunha das fotografías na rúa da Raíña.