01:26 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

Stadio Sport

ORGULLOSAMENTE DEPORTIVISTA, ORGULLOSAMENTE GALEGO

Para un coruñés e deportivista coma min non é doado vivir estes choques sen estar en Riazor. Nervos. Taquicardias. Sentimento de que non é posible axudar dende aquí, dende este tropical balcón de México

Alfredo Ferreiro Golpe @DjukaDepor  |  23 de Noviembre de 2015 (15:38 h.)
Más acciones:

Foto: David Dopico @Nedas89

Levaba toda a semana pensando nunha única cousa, derbi. Sí, o noso derbi. O de verdade. Ese que paraliza Galicia de Norte a Sur. Non ese clásico dos billetes e paparazzis. Riazor agardaba nesta ocasión. Un gran Celta visitaba A Coruña nunha posición inmellorable e coa opción de dar un mazazo ó seu archienemigo herculino. O Deportivo pola súa parte precisaba retomar a senda da vitoria, precisaba sumar novamente de 3 en 3, e Víctor asombraría coa aliñación inicial, con xogadores con moi pouca presenza nos partidos anteriores.

Para un coruñés e deportivista coma min non é doado vivir estes choques sen estar en Riazor. Nervos. Taquicardias. Sentimento de que non é posible axudar dende aquí, dende este tropical balcón de México. E, sobre todo, sentimento deportivista e galego a flor de pel. Ver o municipal coruñés engalanado coas cores do Deportivo e de Galicia nese marabilloso mosaico e cantando Queixumes dos pinos púxome esa pel de galiña que un soamente sinte cando está tan lonxe da sua terriña.

O partido tivo de todo. Moita presión nos xogadores de ámbolos dous bandos. Moitas imprecisións. Erros incomprensibles. Penaltis non convertidos. Goles en propia meta. Seareiros con comportamento exemplar. E incluso un amago de pelexa que non chegou a maiores.

Gañou o Deportivo por moitas razóns. Tivo moita máis fé que o seu rival. Atopou máis camiños para chegar a crear ocasións de gol. Fixo una grandísima presión na saída do balón celtista. Curtou a creación viguesa, esa que previamente era una factoría de xogadas ofensivas. Lux tivo o mellor acerto no que vai de tempada. Tivo a Lucas por enésima ocasión. Apareceu o xigante da Sagrada Familia para, coma sempre e dende a súa humildade, deixarse a alma no tapete do coliseo branquiazul. E tivo a Riazor. Ese Riazor que da un plus, ese plus que acaba redituando puntos. Ese Riazor que boto tanto de menos e que acada una dimensión e impacto de magnitudes inimaxinables en partidos desta índole. A afección é o mellor activo deste equipo. Unha afección que entende o momento que vive a institución e que é un exemplo para moitas outras. Ese deportivismo é universal. Está espallado por todo o mundo. E todos os que estamos nese mundo externo a Galicia, por partidos como o do sábado, sentímonos máis orgullosos aínda de ser galegos e de ser do Depor. E as nosas casas, máis que nunca, son o fogar de Breogán.

Orgullosamente deportivista, orgullosamente galego.