00:26 h. Lunes, 20 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

A deputada do BNG no Parlamento europeo Ana Miranda participará este venres nunha conferencia sobre Palestina no Centro Social Gomes Gaioso

A nacionalista compartirá mesa xunto con Lucía Barros, activista do BDS-Galiza. O Centro Social Gomes Gaioso organiza esta actividade este venres a partir das 20.30 h

Stadio Sport  |  08 de Octubre de 2015 (17:35 h.)
Más acciones:

 

A europarlamentaria do BNG Ana Miranda participará este venres 9, a partir das 20.30 h nunha charla organizada polo Centro Social Gomes Gaioso sobre a situación actual de Palestina e a represión que está a sufrir o seu pobo por parte do estado sionista de Israel.

Ana Miranda participou xunto con outros 20 activistas, entre eles o ex-presidente tunisiano Marzoukique, neste pasado mes de xuño da III Flotilla da Liberdade a bordo do buque Marianne. Esta flotilla solidaria, que pretendía levar paneis solares para paliar os problemas de electricidade que había na faixa de Gaza, entre outras infraestruturas básicas das que carecen nos territorios ocupados de Palestina, foi interceptada por Israel, noutro ataque terrorista deste estado que quedou impune. Así, a nosa compañeira xunto coa activista Lucía Barros, do BDS-Galiza, e tal e como o propio Centro Social Gomes Gaioso indica, falarán da súa experiencia e coñecemento sobre a situación actual de Palestina “alén de cobrir o expediente e narrar-nos por enéssima vez a história dum conflito sem sutura. Porque as dúas estám há anos involucradas em virar radicalmente a situaçom para encontrar umha soluçom política e real ao massacre quotidiano do irmao povo palestiniano”.

Desde o BNG, e como non podía ser doutro xeito, animan a participar desta actividade e coñecer de primeira man a situación actual do pobo palestino.