11:00 h. Jueves, 23 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O BNG preguntará na comisión de Educación e Cultura sobre as diversas carencias que presenta o CEIP San Pedro de Visma

As nacionalistas trasládanlle á Consellaría de Educación as demandas de mellora da ANPA do colexio. Arranxar o ximnasio semisoterrado sen saída de emerxencia e con graves deficiencias a respecto á accesibilidade ou a carencia de peche lateral do patio cuberto entre as demandas da ANPA

Stadio Sport  |  08 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A instancias do Grupo Municipal, o Grupo Parlamentario do BNG, formulará na comisión de Educación e Cultura que se ten previsto celebrar mañá, 8 de outubro, diversas preguntas orais relativas ás carencias que presenta do CEIP San Pedro de Visma.

Estas deficiencias, que a ANPA ten denunciado publicamente, son tales como o arranxo do ximnasio semisoterrado, sen saída de emerxencia e con graves deficiencias en accesibilidade, con acceso por medio dunhas escaleiras de madeira, con columnas no mesmo e cun espazo demasiado cativo para o alumnado ou a propia accesibilidade ao centro que presenta graves problemas. Neste sentido, as nacionalistas demandan a necesidade de facer as obras oportunas para solucionar estes problemas de accesibilidade sobre todo entendendo que estamos a falar dun CEIP referente na atención de alumnado con problemas motrices e de discapacidade. Outras cuestións que a propia ANPA ten denunciado son que tanto o salón de actos como o comedor resultan pequenos para as necesidades do centro ou que tendo en conta o número de alumnas e alumnos e as características específicas destes (alumnado con diversidade funcional, con necesidades educativas especiais,...) cumpría revisarse o persoal, profesorado, coidadores etc.

Deste xeito, o BNG pregúntalle á Xunta se é consciente destas deficiencias, se ten pensado atender as demandas da ANPA e se ten pensado acometer as melloras que necesita o centro, entre outras.