10:59 h. Jueves, 23 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O BNG-AA Betanzos buscará coa veciñanza novas accións para garantir a calidade de vida en Talai

A Xunta respondeu que controlar que a actividade da planta de Visecorsa cumple coa autorización ambiental é responsabilidade municipal. A asemblea aberta a todos os veciños e veciñas terá lugar no local social da Feira, o vindeiro martes día 22 ás 20 h.

Stadio Sport  |  19 de Septiembre de 2015 (17:33 h.)
Más acciones:

 

O BNG-Asembleas Abertas convoca para o vindeiro martes unha nova asemblea coa veciñanza de Talai para darlle conta das iniciativas presentadas polos nacionalistas tanto no Parlamento coma no propio Concello e valorar levar a cabo novas accións para garantir a calidade de vida da veciñanza.

“Queremos dar conta do que fixemos, nomeadamente das respostas da Xunta en relación coa instalación da fábrica de Visecorsa no núcleo de Talai que nos enviaron o pasado mes de agosto”, explicou o voceiro nacionalista Henrique del Río. “A Xunta respondeulle ao BNG que é competencia do Concello a vixiancia e seguemento do cumprimento das condicións establecidas na declaración de incidencia ambiental da factoría instalada no núcleo de Talai” explican desde o BNG-Asembleas Abertas. “A Xunta di que tamén compete ao Concello garantir o cumprimento do ditame de incidencia ambiental” engaden.

Os nacionalistas trasladaron no Pleno do pasado 31 de agosto estas cuestións ao goberno local para saber que están facendo para garantir o cumprimento do ditame de incidencia ambiental, cantas revisións fixeron na factoria de Talai desde que está en funcionamento e cales foron os resultados. “Estamos agardando unha resposta do goberno local do PSOE a estas preguntas e agora pensamos que temos que dar conta da situación á veciñanza e valorar outras accións para conseguir garantir a calidade de vida e o descanso dos veciños e veciñas”, indicou del Río.

A asemblea aberta a todos os veciños e veciñas terá lugar no local social da Feira, o vindeiro martes día 22 ás 20 h.