Imprimir

Feijóo di que o obxectivo e compromiso do PP é incentivar o emprego

Stadio Sport | 11 de diciembre de 2015

i

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que o obxectivo e o compromiso do PP é incentivar o emprego e salienta que a Galicia de 2020 será unha comunidade mellor para vivir e traballar.

Así se pronunciaba o dirixente nunha visita á cidade de Santiago de Compostela onde tivo unha reunión con representantes da Cámara de Comercio e empresarios da cidade, onde estivo acompañado tamén polo presidente do PP local, Agustín Hernández, a canditada número dous ao Congreso pola provincia de A Coruña, Marta González, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes.

Alí, o mandatario fixo fincapé en que a Comunidade de Madrid e Galicia coindicen na súa forma de facer unha política económica que activa ás persoas que aínda seguen co problema do desemprego, poñendo de manifesto que en ambas comunidades baixaron a porcentaxe de desempregados.

Segundo explicou o dirixente, isto logrouse pola súa política de gasto público, controlando o déficit e sen precisar acudir aos fondos de liquidez nin de provedores.

“Son comunidades solventes que chegan a fin de mes, teñen o autogoberno garantido e a recesión económica non diminuíu a súa autonomía”, engadiu.

Deste xeito, salientou que agora inician o período de recuperación con contas ordenadas que lles posibilitan nos próximos anos investir máis, e mellorar os servizos públicos que prestan.

Ademais, Feijóo indicou que tanto Galicia como a Comunidade de Madrid, coinciden en que baixar impostos é bo para as rendas medias e baixas, reactivándose a economía e creándose tamén emprego.

Nesta liña, valorou positivamente que o presidente Mariano Rajoy avanzara dúas liñas novas de actuación para buscar máis traballo como son excepcionar do imposto da renda ás persoas que queiran prorrogar a súa idade de xubilación ata un nivel de renda a  concretar e excepcionar da renda a persoas que acceden ao seu primeiro emprego.

Por outra banda, o líder galego tamén dixo que Galicia e a comunidade presidida por Cifuentes comparten o mesmo modelo de Estado, autonómico, coas especificidades e identidades das distintas comunidades autónomas, respectando o bilingüismo nas autonomías con lingua propia e o compromiso da unidade do país.

Feijóo non esqueceu tampouco o importante que é Madrid para os galegos e lembrou que no tren de alta velocidade que está funcionando agora en Galicia, o Eixe Atlántico, a liña que une ambos lugares é a máis usada de España, algo que se contrapón cos partidos políticos que consideran que o AVE a Galicia é un despilfarro, quedando acreditado o descoñecemento do funcionamento do tren de alta velocidade e súa a falta de compromiso con Galicia.

De paseo por Santiago

Paseo1

Paseo2

Paseo3

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/elecciones-generales-2015/feijoo-di-obxectivo-compromiso-do-pp-incentivar-emprego/20151211150404048949.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS