Imprimir

O domingo 31 de maio celebrarase a Andaina Saudable polo Sendeiro peonil “Ponte do Ramo” en Cuntis

Stadio Sport | 22 de mayo de 2015

É obrigatoria a inscrición previa para reservar praza no transporte

 

O domingo 31 de maio, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuito de Andainas/Trilhos Saudables, a “Andaina Sendeiro Peonil Ponte do Ramo”. A saída será ás 09.00 horas españolas, dende o aparcamento do Centro Interfederado de Tui.

Dado que para esta andaina se necesitará transporte, será obrigatoria a inscrición previa para reservar a praza no autobús, a un prezo de 2€ por persoa, que poderá realizarse a través dos números de teléfono 986.184.318 ou no correo  deportes@concellotui.org, ata completar as 50 prazas dispoñibles.

Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 6,5 quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil, cunha duración estimada de ao redor de 2 horas e media.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/atletismo1/domingo-31-maio-celebrarase-andaina-saudable-polo-sendeiro-peonil-ponte-do-ramo-cuntis/20150522151902037269.html

Stadio Sport
© 2020 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS