Imprimir

A Deputación de Pontevedra mantén o seu apoio á organización do II Tríatlon Rías Baixas

Stadio Sport | 09 de abril de 2015

A proba deportiva desenvolverase o 14 de xuño en Sanxenxo e xa hai preto de 350 persoas inscritas

 

A deputada Begoña Estévez entregoulle a un dos responsables do GV Sports Club, organizador do Tríatlon Rías Baixas, a axuda económica concedida pola Deputación para sufragar, por segundo ano, a organización do evento. Anxo Graña, do GV Sports, quixo agradecer a colaboración do ente provincial desde o primeiro momento "porque o primeiro ano era complicado e a proba foi un éxito, e aínda que desta volta se suman outros apoios, o principal segue a ser o da Deputación". 

Pola súa banda, Begoña Estévez quixo felicitar os responsables do evento polo éxito acadado na primeira edición; desexoulles que "todo lles volva a saír ben" no segundo ano de vida do Tríatlon.

 

Cambio de data: 14 de xuño

Logo da boa acollida do pasado ano, na súa segunda edición o Tríatlon Rías Baixas adianta a súa data no calendario. Preto de 350 deportistas xa confirmaron que o 14 de xuño percorrerán a nado, en bicicleta e a pé os máis de 40 quilómetros que contempla a proba.  Anxo Graña confirmou que se atenden así as demandas dos triatletas para evitar que a temperatura da auga, especialmente, sexa un inconveniente no seu desenvolvemento.

O II Tríatlon Rías Baixas "manterá o mesmo percorrido do ano pasado, aínda que haberá unha saída desde a praia de Sanxenxo para darlle máis vistosidade á proba".  Si se modificará o horario de saída, que será algo máis tarde, sobre as 9:30 h, e tamén se cambiará o avituallamento dos deportistas, atendendo ó horario de saída e á climatoloxía da época na que se realiza.

 

Preto de 350 inscritos

Aínda que polo de agora quedan prazas libres, unhas 15, desde a organización sinalan que non se vai "ampliar a inscrición para manter o nivel e evitar que se converta nun tumulto de xente", se ben aseguraron que si se constata unha maior participación de xente de fóra.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/atletismo1/deputacion-pontevedra-manten-seu-apoio-organizacion-do-ii-triatlon-rias-baixas/20150409021659035042.html

Stadio Sport
© 2020 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS