Imprimir

Adán : “O legado de Feijóo é que a Sede social de GALIZA estea en Madrid”

Stadio Sport | 24 de septiembre de 2015

A parlamentaria reclamou que PHARMAMAR, filial que absórbeo a Zeltia, manteña a súa sede social en Vigo

 

A parlamentaria do BNG, Carme Adán reclamou este xoves, a través dunha proposición non de lei que o Parlamento inste ao Goberno galego a realizar as xestións necesarias ante PHARMAMAR para que manteña a súa sede social e Vigo e non sexa trasladada a Madrid.

Se o PP non vota a favor da proposta do BNG, dixo, Adán o “legado de Feijóo é que a sede social de PHARMAMAR estea en Madrid”. Para a nacionalista que a sede marche de Vigo evidencia a “complicidade e aplauso de Feijóo” como acontece tamén no hospital de Vigo que a hora de pagar o párking, a empresa concesionaria ten a súa sede no Paseo da Castellana 140, Madrid.

A deputada recalcou que Zeltia é unha empresa punteira en investigación que xera “riqueza, emprego e coñecemento”. Hoxe non falamos, dixo, de que sexan subrogados os postos de traballo e se manteñan os dereitos laborais que é “o mínimo” nun proceso de absorción pola filial PHARMAMAR, senón de que vai ocorrer coa permanencia da sede social en Vigo e por tanto en Galiza.

Para Adán, o Goberno e o Partido popular tiña que optar por dúas opcións, ou ben aplaudir que a sede social está en Colmenar Viejo ou actuar con responsabilidade e demandar e negociar para “manter o centro de decisión en Galiza”.

A parlamentaria denunciou que unha tras outra, as empresas “van rumbo a Madrid” polo que reiterou que o “legado do PP e Feijóo é poñer a Galiza en Madrid”.

Carme Adán lamentou o voto desfavorable do PP á iniciativa nacionalista que cualificou de nova mostra o Partido popular está a “regalar o país”.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/galicia/adan-legado-feijoo-sede-social-galiza-estea-madrid/20150924155450044153.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS