22:14 h. Miércoles, 22 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Feijóo recibe ao presidente do Real Club Celta de Vigo para tratar os plans de futuro do equipo celeste

O titular do Goberno galego reuniuse en San Caetano co presidente do Celta, Carlos Mouriño. Destaca a achega do equipo vigués a Galicia como “un dos axentes deportivos máis destacados”

Stadio Sport  |  22 de Septiembre de 2015 (22:01 h.)
Más acciones:

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo este martes unha xuntanza co presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño Atanes. Na reunión, que tivo lugar no seu despacho de San Caetano, o presidente da entidade deportiva transmitiulle ao mandatario galego a actual situación do club nos planos deportivo e organizativo. Do mesmo xeito, Mouriño realizou un relatorio dos plans de futuro do equipo vigués.

No curso do encontro, que contou coa asistencia do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o responsable da Xunta destacou a achega do Real Club Celta de Vigo a Galicia como “un dos axentes deportivos máis destacados”.

O titular da Xunta felicitou ao Celta de Vigo pola magnífica tempada que está a realizar o primeiro equipo nestas primeiras xornadas de competición. Ademais, o xefe do Executivo galego fixo extensivas estas felicitacións ao labor realizado desde as distintas áreas da entidade e desde a súa Fundación que contribúen ao desenvolvemento do club celeste.