09:19 h. Viernes, 24 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O Centro de Atención ó Contribuínte da Deputación de Pontevedra atendeu 18.484 demandas de información telefónica durante 2015

A falta de completar o ano o Centro de Atención ó Contribuínte do ORAL atendeu 1.847 chamadas e 2.537 correos electrónicos máis que en 2014

Stadio Sport  |  08 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A Deputación, a través do ORAL, ten como finalidade informar e asistir o contribuínte, así como xestionar, liquidar, inspeccionar e recadar os tributos e demais ingresos públicos dos concellos e doutras entidades públicas que o deleguen. Ademais, de acordo cos convenios establecidos, tamén se encarga da xestión de actividades catastrais e da recadación das sancións de tráfico.

As principais competencias do ORAL son a xestión tributaria de impostos, taxas e prezos públicos municipais e doutras entidades de dereito público; a inspección tributaria do imposto sobre actividades económicas (IAE), do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, das taxas e doutros tributos; a recadación voluntaria e executiva dos ingresos locais de carácter público; a xestión catastral do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana (IBI) a través dun convenio de prestación de servizos co Centro de Xestión Catastral; a resolución das solicitudes, reclamacións e recursos en materias relativas á xestión, inspección tributaria e recadación, dos ingresos de dereito público das entidades que o deleguen, así como a asistencia, o asesoramento xurídico e a información sobre o contido das competencias legalmente asumidas, tanto ós cidadáns coma ás administracións públicas; a representación e defensa ante os órganos xurisdiccionais; a xestión de multas por sancións de tráfico e o asesoramento económico e contable en materia tributaria ás entidades delegantes.

Coa finalidade de achegar a administración ó cidadán, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o Centro de Atención ó Contribuínte do ORAL que lle ofrece información e asesoramento ó tempo que se lle aforran desprazamentos innecesarios. En concreto, o Centro de Atención ó Contribuínte encárgase de facilitar información sobre dúbidas tributarias e outros ingresos públicos (impostos sobre bens inmobles, actividades económicas, vehículos, construcións, plusvalías, taxas sobre lixo ou auga e multas de tráfico, entre outros), remisión de documentación (solicitudes, cartas de pagamento, xustificantes de pagamento de recibos ou liquidacións, etc.) e do asesoramento sobre xestións tributarias (domiciliación de pagamentos, fraccionamentos e actualización ou modificación de datos, entre outros).

Ademais das tarefas enunciadas anteriormente, o Centro de Atención ó Contribuínte da Deputación de Pontevedra colabora na depuración de domicilios fiscais de persoas físicas (revisión de todos os recibos e liquidacións devoltos por correos, debido a enderezos incorrectos ou descoñecidos), depuración da base de datos de persoas xurídicas (investigación de posibles enderezos e teléfonos incorrectos de persoas xurídicas que teñen débedas coa Deputación co fin de notificárllelo) e concurso de acredores (investigación dos medios de contacto cos administradores concursais a partir dos datos de empresas en concurso de acredores).

Durante o ano 2014 o Centro de Atención ó Contribuínte atendeu 16.647 chamadas. No que levamos de 2015, sen contar cos datos dos últimos tres meses do ano, o Centro atendeu 18.484 chamadas, é dicir, recibíronse 1.847 chamadas máis que en 2014.

En canto ó correo electrónico, o Centro de Atención ó Contribuínte recibiu 2.027 correos en 2014. Neste momento o Centro xa recibiu 2.537 correos máis que en 2014, é dicir, un total de 4.559 correos en 2015.

Durante 2015 o Centro de Atención ó Contribuínte recibiu 2.489 altas de domiciliacións (1.850 máis que en 2014), 1.013 modificacións de domiciliacións (283 máis que en 2014), 8.710 modificacións de datos de contribuíntes (2.597 menos que en 2014) e 4.502 envíos de cartas de pagamento en período executivo (451 menos que en 2014).

Ademais, o servizo do ORAL da Deputación, co obxectivo de facilitar as xestións dos contribuíntes e evitarlles desprazamentos innecesarios, conta tamén cunha oficina virtual tributaria na que se poden realizar pagamentos e solicitar duplicados de recibos, ver o detalle dos recibos domiciliados, os valores de embargo ou a revisión de padróns.