23:50 h. Miércoles, 22 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Carmela Silva asegurou que as obras en Redondela rematarán con todas as garantías

A presidenta da Deputación de Pontevedra mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde, Javier Bas

Stadio Sport  |  02 de Octubre de 2015 (16:28 h.)
Más acciones:

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que todas as obras de infraestruturas que se están a realizar no concello de Redondela concluirán con todas as garantías. Silva fixo estas declaracións tras manter unha xuntanza de traballo co alcalde redondelán, Javier Bas.

Carmela Silva referíase así ás obras que está a desenvolver a Deputación na estrada do Galleiro e do Viso, e quixo tranquilizar a veciñanza sobre as máximas garantías en ambas as dúas infraestruturas.

No encontro de traballo a presidenta da Deputación tamén informou o alcalde do novo fondo local, para que Redondela teña dispoñibilidade económica e poida desenvolver proxectos de infraestruturas ou servizos para os veciños e as veciñas. "Será o alcalde de Redondela o que plantexará cal é a vía para as obras e servizos que demanda da Deputación". "Queremos que sexa o alcalde de Redondela o que nos diga cales van ser eses plans, que contarán con toda a colaboración da Deputación co novo sistema de financiamento que puxemos en marcha na institución provincial", subliñou Silva.