18:49 h. Martes, 23 de Octubre de 2018

Stadio Sport

¡Selección Galega ao Mundial!

 

¿Queres ver a Selección Galega de Fútbol Gaélico no Mundial de Abu Dhabi?

Stadio Sport  |  30 de Enero de 2015 (19:33 h.)
Más acciones:

Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, temos a honra e o privilexio de anunciar a presenza da Selección Galega, masculina e feminina, nos primeiros Campionatos do Mundo de Fútbol Gaélico, que terán lugar do 5 ao 8 de marzo en Abu Dhabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos. Dita competición estará organizada pola confederación anfitrioa, Middle East GAA, e co patrocinio de Etihad Airways.

O campionato contará coa participación de equipos e seleccións dos cinco continentes, no masculino divididos en dous grupos, un deles onde figurarán os equipos campións das distintas confederacións mundiais e un segundo con seleccións nacionais. A nosa Selección queda encadrada neste último coas seleccións de Arxentina, Sudáfrica e o Golfo Pérsico, e ao que se engadirían, no caso de confirmarse a súa presenza, as seleccións de Italia, Francia e India. No caso da feminina, haberá un so grupo englobando os equipos campións e seleccións.

 

 

Trátase da primeira competición internacional de seleccións do noso deporte nos seus 130 anos de historia e, como gran acontecemento e escaparate mundial do mesmo compartirá espazo con outros eventos deportivos e culturais, como partidos de exhibición dos outros deportes gaélicos (handball e hurling) ou de equipos de categorías inferiores, entre outros.

A presenza da nosa selección neste Mundial é de por si un éxito incrible, pola importancia do mesmo e o recoñecemento que supón do traballo realizado desde a nosa Asociación e cada un dos nosos clubes. Por iso, agradecémoslle á nosa Confederación, a European County Board, e ao seu presidente, Brian Sheehy, a invitación recibida.

 

 

Debido ao custoso desprazamento e estadía dos seleccionados nos Emiratos Árabes, a Asociación precisa recadar os fondos para facelo posible. Por iso, convidámosvos a colaborar na que será a primeira presenza da historia dunha Selección Galega oficial nun torneo internacional.

 

Características básicas

Organización que regula o fútbol gaélico en Galicia formada polos clubes federados na Gaelic Athletic Association.

O fútbol gaélico (en irlandés peil) é unha variante de fútbol xogada principalmente en Irlanda. É, xunto co hurling, un dos dous deportes con máis espectadores en Irlanda e o deporte nacional dese país. O fútbol xógase por equipos de quince persoas  (en Europa Continental os equipos están formados por once xogadores) nun campo rectangular con postes en forma de H en cada un dos dous extremos. O obxectivo principal é marcar pateando ou golpeando a bola coa man e conseguir que atravese a portería. O equipo que máis puntos teña ó final do partido gaña (os goles valen tres puntos e os tantos a paus, un). Os xogadores manexan o balón polo terreo de xogo cunha combinación de portar, facendo un só (soltando o balón e, sen deixalo caer, darlle co pé de novo de volta cara as mans), pateando e pasando coa man (sempre golpeando, nunca arrastrando) ós seus compañeiros.

 

Motivación y a quién va dirigido el proyecto

A todo o público en xeral que queira colaborar nesta iniciativa.

 

 

Objetivos de la campaña de crowdfunding

Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico lanzamos esta iniciativa co propósito de recadar cartos para que as nosas xogadoras e os nosos xogadores poidan estar presentes no Mundial de Fútbol Gaélico de Abu Dhabi o 3 de marzo.

O ánimo desta campaña é poder sufragar parte dos custes das 26 persoas que se terán que desprazar entre xogadores, xogadoras e corpo técnico.

Por iso, convidámosvos a colaborar economicamente na que será a primeira presenza da historia dunha Selección Galega oficial nun torneo internacional. 

 

Experiencia previa y equipo

Selección Galega Masculina 2012. Adestrador: Carlos Seco (A Coruña Fillos de Breogán). Narón, A Coruña, 20 de xullo de 2012. Partido organizado por Fundaçom Artábria e Siareiras Galegas. O rival foi a Selección Bretoa.

Selección Galega Masculina 2013. Adestrador: Carlos Seco (A Coruña Fillos de Breogán). Lorient, Bretaña, 11 de agosto de 2013. Partido integrado no Festival Interceltique de Lorient e organizado por Brittany Gaa. O rival foi a Selección Bretoa.

Selección Galega Masculina 2014. Adestrador: Carlos Seco (A Coruña Fillos de Breogán). A Estrada, Pontevedra, 9 de agosto de 2014. Partido organizado pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O rival foi unha Selección da Comunidade de Madrid.

Selección Galega Feminina 2014. Adestrador: Carlos Torres (Irmandinhas A Estrada). A Estrada, Pontevedra, 9 de agosto de 2014. Partido organizado pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O rival foi unha Selección da Comunidade de Madrid.

Selección Galega Masculina 2014. Adestrador: Carlos Seco (A Coruña Fillos de Breogán). O Grove, Pontevedra, 8 de outubro de 2014. Partido organizado pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O rival foi unha Selección de Xogadores de Clubes Irlandeses.

Selección Galega Feminina 2014. Adestrador: Carlos Torres (Irmandinhas A Estrada). O Grove, Pontevedra, 8 de outubro de 2014. Partido organizado pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O equipo rival foi unha Selección de Xogadoras de Clubes Irlandeses.