02:37 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

O sábado celebrase o XIII Trofeo El Progreso-Cidade de Lugo de Orientación organizado polo Club Fluvial

Nesta edición agárdase que participen preto de 500 deportistas de Galicia e das comunidades limítrofes

Stadio Sport  |  20 de Marzo de 2015 (02:46 h.)
Más acciones:

 

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co directivo do Fluvial,  Eugenio Rodríguez, e en representación do Grupo El Progreso, Luis Barrio, presentaron o XIII Trofeo Cidade de Lugo de deporte de Orientación que terá lugar o vindeiro sábado 28 de marzo.

A proba comezara ás 9.00 horas na zona do Complexo Santiago coa distribución dos dorsais. A saída dos primeiros corredores está prevista para as 10.30 horas e a entrega de trofeos, sorteos e clausura terán lugar a partir das 13.30 horas.

O Concelleiro de Deportes lembrou que unha das persoas que máis apoio este deporte foi o Presidente do Club Fluvial, Eduardo Núñez Torrón, falecido onte, e destacou del a gran implicación no mundo do deporte. O prazo para inscribirse na proba aínda está aberto ata o martes 24 de marzo.

O responsable de deporte de orientación do Club Fluvial tamén sinalou a gran aceptación e progresión deste deporte e deste trofeo, que ano a ano se vai afianzando cun aumento do número de participantes, nesta edición agárdase que sexan preto de 500 participantes de diferentes clubes de toda a comunidade galega e de Portugal. Ademais lembrou que o Club Fluvial é o segundo club a nivel español con máis licenzas de federados no deporte de orientación.

Entregarase trofeo ós tres primeiros clasificados en categorías de federados. Ademais dun lacón entre os tres primeiros  clasificados. Entre tódolos participantes sortearánse ó finalizar a entrega de trofeos dous bonos para a estación de esquí de Manzaneda e acceso ao spa, dous lacóns, e tres bonos por 4 sesións de circuito de hidroterapia no Club Fluvial.