04:40 h. Lunes, 17 de Junio de 2019

Sete probas integran este ano o III Circuito Provincial BTT-XC Deputación da Coruña

Coma novidade, inclúe a primeira carreira “Eliminator” da provincia, que servirá ademais para pechar a competición. Este ano a achega da Deputación é de 5.600 euros para apoiar aos clubs na organización das probas

Stadio Sport  |  23 de Abril de 2015 (20:12 h.)
Más acciones:

 

O presidente da Deputación, Diego Calvo, presentou este xoves a terceira edición do Circuíto  Provincial de BTT-XC Deputación da Coruña que comezará este mesmo sábado no concello de Arteixo co X trofeo BTT do municipio.  

Nesta ocasión o Circuíto incluirá sete carreiras, todas as que forman parte do calendario oficial da Federación na provincia (en toda Galicia hai dez). Entre as novidades deste ano atópase un Eliminator, unha proba que nunca se tiña celebrado en Galicia e que vai eliminando aos participantes ata que só queden os mellores. Finalmente, haberá un único gañador por categoría. Será o 18 de xullo como broche de ouro ao circuíto deste ano, e organizada polo Club Caimanes de Betanzos.

Diego Calvo destacou o “tirón” que ten este deporte na provincia e o éxito deste circuíto dende que se creou en 2013, cunha media de 150 participantes en cada proba. “O que comezou como un proxecto piloto é xa unha proba máis dentro do calendario deportivo anual, unha proba fundamental”, sinalou o titular provincial.

Neste sentido, Calvo declarou que precisamente por iso, “a institución provincial apostou por este deporte dende a chegada deste goberno á Deputación”, non só coa posta en marcha desta competición senón tamén con outras accións como a sinalización de 200 quilómetros de vías provinciais con prioridade para ciclistas ou o regreso de La Vuelta a España á Coruña.

O titular provincial estivo acompañado na presentación pola vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, que organiza o circuíto, e o seu director técnico, Juan Carlos Muñiz e Guillermo Sande, respectivamente.

Ambos agradeceron o compromiso da Deputación da Coruña con este deporte, así como a colaboración dos clubs ciclistas que organizan as carreiras. Muñiz destacou ademais a beleza das probas que compoñen o circuíto, e citou a de Arteixo, que se celebra este sábado, “porque combina o que é o entorno do mar, da ría, da praia e a zona do monte; é precioso”.

O portavoz da Federación invitou a todos a participar en cada unha das probas do circuíto provincial, que puntúa para o Open galego da modalidade.

A institución provincial asume os gastos cunha achega de 5.600 euros á Federación Galega (800 euros por proba). Ademais, despois do verán, a Deputación ten previsto celebrar unha gala de entrega de premios na que se dará un trofeo aos gañadores de cada categoría (están divididas por idades) en clasificación individual e por equipos. Para iso, estableceuse un baremo de puntuacións consistente na acumulación de puntos segundo os resultados en cada unha das probas.

 

As probas incluídas no III Circuíto Provincial de BTT-XC son as seguintes:

 

  1. X Trofeo BTT Concello de Arteixo           25/04/15 en Arteixo
  2. 3º Trofeo Concello Dumbría         16/05/15 en Dumbría
  3. 15º Gran Premio Concello de Cambre   30/05/15 en Cambre
  4. II Open XC de Montefaro  06/06/15 en Mugardos
  5. VII Trofeo Concello de Santiago 20/06/15 en Santiago
  6. 4º Gran Premio Concello de Oleiros      27/06/15 en Oleiros
  7. I XC Eliminator Portas da Vila      18/07/15 en Betanzos