01:25 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Lugo acollerá o Campionato nacional de Street Workout que terá lugar o día 6 de xuño coa participación de 60 deportistas

O Concello colabora na organización deste Campionato nacional, no que que se estreará a pista ó aire libre para a práctica deste deporte nas costas do Parque Rosalía

Stadio Sport  |  19 de Mayo de 2015 (23:12 h.)
Más acciones:

 

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Javier Díaz Fernández presentaron o Campionato nacional de Street Workout, que se celebrará en Lugo o día 6 de xuño. 

Coa celebración deste Campionato nacional, que terá lugar entre as 11 e as 21 horas, estrearase un parque para a práctica desta modalidade deportiva, que se asemella á ximnasia deportiva, segundo se anunciou na presentación do evento, que reunirá en Lugo a  uns 60 participantes procedentes de distintos puntos de España.

As instalacións para a práctica deste deporte serán ó aire libre e de uso gratuíto, tal e como destacou o Concelleiro de Deportes.

O parque de Street Workout vaise instalar nas costas do Parque Rosalía de Castro e o investimento nel é de orredor de 23.000 euros.

O Street Workout é un movemento deportivo e social co que se promove a práctica do exercizo físico ó aire libre que se practica principalmente en parques públicos habilitados con barras de ximnasia empregando o propio peso corporal como lastre.

Segundo explicou o organizador do Campionato nacional, en Lugo son 28 persoas as que xa practican esta modalidade deportiva.