09:25 h. Miércoles, 21 de agosto de 2019

José Luis Olazábal reelexido presidente da Federación Galega de Loita por maioría absoluta

Don José Luis Olazábal foi reelexido como presidente da Federación Galega de Loita e D.A. para o próximo ciclo de catro anos

Stadio Sport  |  31 de diciembre de 2015 (00:29 h.)
Más acciones:

 

Esta reelección do actual cargo de presidente da Federación amosase como un novo pulo en tódalas areas da estrutura Federativa. “Despois de un ciclo de 4 anos nos que as loitas olímpicas sufriron un rexurdimento global, agora toca un período de mellora específica dentro de cada órgano federativo” afirma o Presidente.

“Neste ano que comeza existen 3 prioridades: O eido económico, dada a delicada situación económica que atravesamos, o que pode hipotecar tódolos proxectos que temos abertos; O eido deportivo e formativo co ano de clasificación olímpica que imos a vivir, tendo a dous deportistas ben situados a nivel internacional; e o deporte de base intentando manternos como o deporte con mais actividades deportivo-formativas a nivel educativo de Galicia”, afirma Jose Luis Olazabal.

Grazas o incansable traballo dos Clubs Galegos, na organización, promoción e desenrolo das Loitas Olímpicas, así como a posibilidade de materializar os distintos acordos de colaboración coa AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), a FELODA (Federación Española de Loitas Olímpicas e D.A.), cos centros de tecnificación e de alto rendemento de Mahaskalá (Dagestán) e Bakú (Azerbaiján), así como co programa nacional de intercambio de deportistas dentro dos CAR e CTD, temos un horizonte de traballo moi próspero. A proxección internacional dos deportistas Galegos, garante o prestixio que tratamos de afianzar dende o traballo diario na Federación e nos Clubs.

Estreando cargo e calendario deportivo, a Federación Galega de Loita e D.A. bótase a andar nesta nova tempada cargada de actividades e obxectivos renovados, os mais inmediatos son a organización neste principio de ano dos campionatos Galegos de todas as modalidades deportivas, para definir as diferentes seleccións que nos representarán nos campionatos de España.