Fillos buscará seguir na senda do triunfo e de paso axudar aos seus veciños oleirenses. Fillas quere manter o pulso fronte as filiais das líderes
Fillas a manter o pulso fronte as filiais das líderes
Se as rapazas de Bieito Landeira queren expoñer as súas credenciais polo título ligueiro esta é a mellor oportunidade, contra o filiar das Irmandinhas a dúas semanas do enfrontamento coas estradenses que marcará pra que lado cae o título. As Braithreachas xa non son ese equipo tan débil que se atoparon as Breoganeiras na primeira volta xa que foron collendo confianza e xogo exponencialmente xornada tras xornada.
Fillos a seguir coa senda do trunfo e así axudar aos seus veciños oleirenses
O duelo entre Pontevedra e Ártabros promete ser un deses de alto voltaxe, dous equipos que loitan na zoa baixa da táboa e cunhas características moi semellantes. Xa no partido de ida fora un partido ben chamativo que caera do lado dos pontevedreses por só tres puntos de diferencia. Fillos pola súa banda se enfronta a un rival directo dos Ártabros, os Braithreachas da Estrada, e a parte de tentar acadar a súa 9 vitoria na Liga os breoganeiros tentarán axudar aos intereses dos da outra beira da ría.
Fillos e Fillas de Breogán, o clube con máis representación na selección
No compromiso mundialista da Selección Galega de Fútbol Gaélico en Abu Dhabi o club herculino meteu a 10 dos seus nos equipos que viaxarán ao Emirato Árabe. 5 fillas e 5 fillos representarán á nosa cidade no GAA Games World