Fundado en 1994, o Club Galaico Sincro conta na actualidade con preto dun cento de nadadoras que ademais de manterse na elite da natación española adestran para estar en Europa
A deputada Ana I. Vázquez entregoulle esta luns a presidenta do equipo pontevedrés a resolución presidencial pola que se lle conceden 5.000€ para financiar a súa participación en ligas e competicións oficiais.
Fundado en 1994, o Club Galaico Sincro conta na actualidade con preto dun cento de nadadoras que ademais de manterse na elite da natación española adestran para estar en Europa. “Para nós esta subvención é esencial porque non hai patrocinios privados e as axudas das administracións son fundamentais para poder competir”, afirmaba Belén Álvarez ao poñer como exemplo os elevados gastos aos que teñen que facer fronte para acudir a citas destacadas como Campionato de España.
O Club Galaico Sincro é o único equipo galego que participou no o pasado mes de marzo en Valladolid no Campionato de España de inverno Junior e Senior.
A presidenta do Club dí que o equipo afronta o final de temporada co obxectivo de mellorar os resultados “queremos clasificar a dúas nadadoras entre as 25 primeiras de España en categoría infantil para poder ter opción de ir á copa europea”. A nadadora Elisa Seoane ocupa arestora o posto 11 do ránking nacional e Reyes Gómez está no 25.