Artai Pazos caeu na primeira rolda do Mundial de Taekwondo Cadete

Stadio Sport  |  26 de julio de 2014 (00:00 h.)

Artai Pazos tiña un rival duro na primeira rolda do Campionato do Mundo Cadete de Taekwondo, que se está a celebrar en Bakú (Azerbaiyán), e o iraní non fallou

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Así a aventura do pontevedrés rematou no primeiro combate, fronte a un dos favoritos, Ebrahim Safari, que ao final proclamouse subcampión do mundo. Unha experiencia para o deportista galego, que competiu nun mundial por vez primeira.

Artai Pazos (-49, Mace Sport) tiña como primeiro rival do Mundial ao iraní Ebrahim Safari, e caeu de forma rotunda, polo que o deportista galego non tivo opcións de avanzar nesta competición. Pola súa banda, o iraní chegou ata a final, na que caeu fronte ao italiano Vito Dell´Aquila (8-10).

Ahora queda esperar o momento dos outros tres deportistas galegos presentes no Mundial cadete, que competirán o domingo 27. Pilar Rodríguez (Natural Sport Riveira) participará no peso de -59 quilogramos e no primeiro combate terá como rival á serbia Natalija Calic. Adrián Pombo (Maniotas) enfrontarase ao chino Tsung Hsun Li en -65 quilogramos, mentres que Javier González (Mace Sport) iniciará a competición fronte ao polaco Marek Wozniak en -61 quilogramos.

Hemeroteca