01:58 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

300 ciclistas participarán na Copa Deputación de Pontevedra Mini BTT 2015

Entre os meses de maio e agosto desenvolveranse nove probas puntuables para o circuíto galego en Vigo, Cambados, Poio, Marín, Sanxenxo e Ponteareas

Stadio Sport  |  12 de Mayo de 2015 (16:50 h.)
Más acciones:

A deputada Begoña Estévez e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, asinaron esta mañá o convenio de  colaboración para organizar a Copa Deputación de Pontevedra Mini BTT 2015, un circuíto de nove probas, puntuables para o campionato galego, que vai transcorrer polos concellos de Vigo, Cambados, Poio, Marín, Sanxenxo e Ponteareas.

Segundo a deputada Begoña Estévez, "é unha aposta polo deporte base coa que se quere apoiar os clubs ciclistas de toda a provincia de Pontevedra", onde nos últimos anos "se constata un considerable aumento das licenzas expedidas en todas a categorías; de aí que, coa sinatura deste convenio, se busque fomentar aínda máis o ciclismo".

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Ciclismo agradeceu o apoio que a Deputación presta a este deporte, que, ano a ano, esperta un maior interese: "o ciclismo está de moda pero aínda lle queda un maior desenvolvemento na categoría feminina".

9 probas do circuíto galego en Pontevedra

O presidente da Federación puxo de manifesto que uns 300 ciclistas, de entre 5 e 14 anos e "chegados de toda a comunidade", participarán no circuíto da Copa Deputación de Pontevedra Mini BTT 2015. "En Galicia hai 20 probas e 9 disputaranse na provincia de Pontevedra", sinalou Juan Carlos Muñiz. Todas estas probas son puntuables para o campionato galego e "buscan fomentar o traballo, a ilusión e a base, que é o futuro do ciclismo". O máximo dirixente da Federación Galega animou a gozar desta competición Mini BTT, que  cualificou como "a esencia do ciclismo".

Como novidade este ano cada ciclista terá un dorsal propio co que se facilita a inscrición en cada unha das probas.

O circuíto Copa Deputación de Pontevedra comezou o 10 de maio co II Trofeo Mini BBT, que tivo lugar en Castrelos, e disputará a súa próxima cita no calendario o sábado 23 de maio, en Coruxo, na VI Mini BTT Montes de Coruxo. 

 

Calendario Copa Deputación de Pontevedra Mini BTT 2015

Data    Proba    Club organizador    Lugar    Concello

10 de maio    II Trofeo Mini BTT    CC Vigués    Castrelos    Vigo

23 de maio    VI Mini BTT Montes de Coruxo    CC Coruxo    Coruxo    Vigo

31 de maio    II Trofeo Mini BTT Concello de Cambados    CC Salnés    Cambados    Cambados

13 de xuño    I Trofeo Praia de Lourido    CC Corbelo    Poio    Poio

28 de xuño    V Trofeo Mini BTT Ría de Marín    CC Marín    Lago de Castiñeiras    Marín

12 de xullo    III Trofeo Parque Punta Vicaño    CC Corbelo    Sanxenxo    Sanxenxo

26 de xullo    V Trofeo Mini BTT Guláns    CC Ponteareas    Ponteareas    Ponteareas

23 de agosto    I Trofeo Parque Forestal do Vixiador    2.0 Sport Team    Vigo    Vigo

29 de agosto    III Mini DH Montes de Coruxo    CC Coruxo    Coruxo    Vigo