07:04 h. Domingo, 25 de agosto de 2019

10.000 euros para as escolas deportivas do CN Galaico

A deputada Ana I. Vázquez entregoulle ó presidente do CN Galaico unha axuda de 10.000€ para que máis de 200 cativos se inicien na natación

Stadio Sport  |  22 de abril de 2015 (17:41 h.)
Más acciones:

 

A axuda económica destinada pola Deputación de Pontevedra favorece que nenos e nenas de concellos onde non dispoñen de piscina climatizada, como Cotobade, Soutomaior ou Pazos de Borbén, poidan practicar esta actividade deportiva.

Se ben, o  máximo responsable do equipo pontevedrés, José Miguel Cano puxo de manifesto que con esta actividade, a Deputación tamén contribúe a que o club poida captar a futuros nadadores con gran potencial para seguir medrando deportivamente.