16:27 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

O HockeyGlobal CP Cerceda segue marabillando cunha nova vitoria

Os de Juan Copa venceron 3-5 na pista do Voltregá e seguen soñando con meterse na Liga Europea 

Stadio Sport  |  20 de Abril de 2015 (20:27 h.)
Más acciones:

 

De todos é coñecido o complicado que resulta vencer no Oliveras de la Riva, unha pista onde o HC Liceo empataba e o FC Barcelona vencía con moito sufrimento por un solitario tanto. Non obstante, o HockeyGlobal CP Cerceda tróuxose de alí unha nova e brillante vitoria nun partido moi disputado, con emoción ata o derradeiro minuto e que finalmente resolveron os de Juan Copa por un tenteo de 3-5. Con este resultado, os galegos aseguran a sexta praza a falta de dúas xornadas para que remate a OK Liga, pero aínda poden aspirar á cuarta posición que dá acceso á Liga Europea.

Os galegos eran os primeiros en marcar cun temperán tanto de Jacobo Mantiñán, o que xeraba que o CP Voltregà se fose cara á portaría defendida por Willy Domínguez, creando moitas ocasións, polo que a punto de finalizar o primeiro período Albert Grau situaba o empate co que se chegaba ao descanso.

No inicio da reanudación, os locais poñíanse por diante con outro gol de Grau, pero en dous minutos o HG CP Cerceda dáballe a volta ao marcador, con tantos de Martín Payero e Joan Grasas de penalti, ao que se sumaba o segundo de Mantiñán a sete minutos para o final. Os visitantes aguantaban a acometida local, pero dous minutos máis tarde Àlex Rodríguez deixaba aos seus con opcións. Souberon defender ben nos últimos minutos os de Juan Copa, na súa tónica habitual da tempada, pechando o partido a 15 segundos da conclusión Pablo Togores, co quinto tanto dos galegos.

Tras este espectacular triunfo, nunha segunda volta onde só se perdeu co CE Noia Freixenet e o FC Barcelona, a OK Liga interrómpese durante tres semanas, polo que o próximo partido será o derby galego contra o HC Liceo en Riazor o 9 de maio.

 

FICHA TÉCNICA

CP Voltregà (3): Roger Torelló, Eric Vargas, Albert Grau, Àlex Rodríguez, Daniel Rodríguez, -cinco inicial- Roger Font, Juli Anguita e Tirso Gómez.

HockeyGlobal CP Cerceda (5): Willy Domínguez, Joan Grasas, Juan Fariza, Martín Payero, Jacobo Mantiñán -cinco inicial-, Gonzalo Pérez e Pablo Togores.

Goles: 0-1 (min. 1), Jacobo Mantiñán. 1-1 (min. 21), Albert Grau. 2-1 (min. 32), Albert Grau. 2-2 (min. 33) Martín Payero. 2-3 (min. 34), Joan Grasas de penalti. 2-4 (min. 41), Jacobo Mantiñán. 3-4 (min. 43), Àlex Rodríguez. 3-5 (min. 50), Pablo Togores.

Árbitros: Antonio Gómez Sánchez e Ignasi Galán García. Tarxeta azul a Àlex Rodríguez.

Pista: Pabelló Municipal Oliveras de la Riva.