09:27 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Despedida a unha brillante tempada

Finaliza a OK Liga para o HockeyGlobal CP Cerceda situado nunha sexta posición que xa non variará tras a 30ª xornada, a derradeira da presente tempada

Stadio Sport  |  14 de Mayo de 2015 (00:28 h.)
Más acciones:

 

Finaliza a OK Liga para o HockeyGlobal CP Cerceda situado nunha sexta posición que xa non variará tras a 30ª xornada, a derradeira da presente tempada, na que o equipo galego volveu xogar por segunda vez a fase final da Copa do Rei, logrando ademais e como sucedera na pasada campaña clasificarse para a Copa CERS, o que supón un fito de incalculable valor para o equipo cercedense, pois na súa aínda curta historia xa alcanzou obxectivos notables con maioría de xogadores galegos. Non obstante, nesta conseguiuse mellorar a clasificación da tempada anterior, así como rematar cun maior número de puntos, que poderían incrementarse no partido deste sábado, 16 de maio, a partir das 20:00 horas no Pazo de Deportes Presidente González Laxe.

O rival contra o que se enfrontarán os de Juan Copa será o CP Manlleu, que ademais chega a Cerceda coa posibilidade de evitar o descenso se gaña, aínda que tampouco depende de si mesmo, polo que todos os partidos da xornada se xogarán á mesma hora o sábado, xa que tampouco están decididas as prazas de Euroliga e da CERS. Para os galegos tampouco vai ser un partido de trámite, pois queren despedirse da súa afección cunha vitoria. Na primeira volta o HockeyGlobal CP Cerceda xa gañou en Manlleu por 2-6, pero os cataláns chegan nun excelente momento de forma tras vencer nos seus tres últimos partidos. Curiosamente e ata a vitoria do Cerceda en Manlleu, todos os encontros xogados entre ambos os dous equipos en Primeira División, pois esta tempada é a primeira que coinciden en OK Liga, saldáranse con empate, tanto en Cerceda coma en Manlleu.