19:00 h. Jueves, 20 de Junio de 2019

Turismo de Galicia viaxa a Xapón para promoverse na feira JATA, o encontro do sector máis importante do país

A feira JATA celebrouse entres os días 25 e 27 de setembro na capital xaponesa e constitúe un dos certames turísticos máis importantes do mercado asiático. Turismo de Galicia participou no workshop Business Meeting, organizado pola propia feira e nunha xornada profesional organizada pola OET. A ocupación hoteleira dos viaxeiros xaponeses que se achegaron a Galicia nos primeiros sete meses do ano medrou un 14,3% e as pernoitas un 2,1% en relación ao mesmo período de 2014

Stadio Sport  |  28 de Septiembre de 2015 (01:12 h.)
Más acciones:

 

A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, encabezou a representación galega que participou estes días na feira JATA Travel Showcase 2015, que celebrouse na capital de Xapón e na que a comunidade galega contou cun espazo para promover a oferta turística galega entre os milleiros de persoas que visitaron este certame.

JATA é un salón internacional de turismo cuxa organización está respaldada pola Asociación Xaponesa de Axentes de Viaxe e no que se promove tanto o turismo receptor como emisor do pais. A primeira xornada está dedicada exclusivamente a profesionais e a fin de semana a público en xeral.

Nesta edición, Turismo de Galicia participou no workshop Business Meeting, organizado pola propia feira e nunha xornada profesional organizada pola OET.

Coa participación nesta feira, Turismo de Galicia reforza a presenza do turismo galego en Xapón, debido ao interese que esperta a Comunidade galega neste país, sobre todo no relacionado co Camiño de Santiago, o turismo cultural, a gastronomía e a natureza.

 

Público da feira e visitantes xaponeses

O público xaponés que visita esta feira busca destinos con personalidade propia e mostra moita curiosidade pola historia, a arte, a natureza, a gastronomía ou os aloxamentos senlleiros.

Neste ámbito, Turismo de Galicia presentoulle aos operadores turísticos as posibilidades que ofrece Galicia para a organización de viaxes turísticas. Ademais, o público final puido obter directamente información sobre a oferta turística da comunidade galega.

 

Mercado xaponés

Ao longo do ano 2014 o mercado turístico xaponés en Galicia experimentou un forte crecemento cando menos no que atinxe ao segmento hoteleiro. Os niveis de demanda subiron nun 28% a cifra de viaxeiros aloxados e un 18% as pernoitas.

Polo que respecta aos sete primeiros meses deste ano 2015, cabe salientar que continúa o bo comportamento do turismo xaponés en Galicia, mellorando nestes primeiros sete meses do ano as cifras de demanda de 2014 –nun 14,3% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 2,1% as pernoitas-.