16:32 h. Lunes, 14 de octubre de 2019

O PPdeG critica a demagoxia e ignorancia nas acusacións da deputada socialista Marisol Soneira sobre a situación no hospital do Centro Galego de Bos Aires

A portavoz de Emigración, Paula Prado, lembra que “a responsabilidade última da situación na que se atopa o hospital e o centro galego é dos graves erros do Goberno bipartito” . Engadiu que “os únicos que puxeron en perigo o patrimonio do Centro Galego foron os xestores do Partido Socialista, acumulandounha débeda ata o ano 2009 de máis de 20 millóns de euros”

Stadio Sport  |  08 de octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A portavoz de Emigración do Grupo Popular, Paula Prado, criticou este mércores “o descoñecemento que os socialistas galegos, en xeral, e a deputada Marisol Soneira, en particular, demostraron está mañá, unha vez máis, sobre a situación dos galegos na Arxentina e das súas sociedades, neste caso falando da intervención, por parte da República Arxentina, do Centro Galego de Bos Aires e o seu hospital dependente”. “Este descoñecemento resulta especialmente grave porque a responsabilidade última da situación na que se atopa o hospital e o centro galego na capital arxentina é dos seus graves erros de xestión durante a etapa do Goberno bipartito na Xunta”, apuntou.

“A deputada Soneira, que fala de oídas, e o PSdeG esquecen ou ocultan un dato fundamental: foi o propio Centro Galego, concretamente os xestores no ano 2010, quen romperon o acordo coa obra social Ospaña, co argumento de que había máis de mil perceptores de prestacións de nacionalidade española, de idade avanzada,  que impedían a súa viabilidade económica”, sinalou Paula Prado. Deste xeito, estes españois están a ser atendidos por Ospaña e, polo tanto, Ospaña non lle pode quitar asociados ao centro galego xa que leva desvinculada desta institución dende o ano 2010.

A portavoz popular manifestou que “é unha falsidade afirmar que o delegado da Xunta en Boos Aires xerencie Ospaña, na que tanto o Goberno español como a Xunta de Galicia teñen representación como garantía de cumprimento dos seus fins, que son a atención sanitaria aos cidadáns españois”.

 

NON PODE HABER DOAZÓN

“Non se pode xerar confusión, nin agochar os problemas do Centro Galego tras a alfombra de Ospaña pois, entre outras cousas, o Centro Galego de Bós Aires, legalmente, non pode facer doazón do seu patrimonio a unha obra social, tal e como afirma a deputada de maneira errónea e manipuladora”, explicou Paula Prado.

Ademais, sinalou que “os únicos que puxeron en perigo o patrimonio do Centro Galego foron os xestores do Partido Socialista, acumulando unha débeda ata o ano 2009 de case 130 millóns de pesos, máis de 20 millóns de euros”.

“O Goberno de Galicia, dende a súa toma de posesión no ano 2009, está a cumprir, incluídas as obrigas financeiras provocadas pola débeda herdada dos anteriores xestores, os compromisos adquiridos con esta institución da galeguidade e sigue, de forma constante, en contacto permanente coa nosa comunidade en Bós Aires, poñendo o seu maior empeño na protección do patrimonio cultural, artístico, histórico e documental desta institución, que é un dos nosos valores universais”, afirma a portavoz popular.

Así pois, Prado instou á deputada socialista e ao seu grupo parlamentario “a actuar con máis rigor na súa faceta de oposición e, sobre todo, non utilizar a nosa diáspora para facer electoralismo oportunista”.