06:24 h. Sábado, 29 de Abril de 2017

Stadio Sport

Un Plan de Dinamización do Galego “deplorable e deficiente”

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, dixo que o Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico resulta “deplorable e tremendamente deficiente”. Así o dixo na comparecencia en Comisión do secretario xeral de Política Lingüística para presentar o dito texto “sen diagnose, obxectivos nin memoria económica”

Stadio Sport  |  29 de Diciembre de 2015 (15:19 h.)
Más acciones:

Burgo advertiu que o texto resulta “tan surrealista que non pode ser avaliado” conforme a un documento que “non ten nada novo” e que se limita a “repetir as mesmas medidas para encher páxinas e chegar ás 110”. Criticou que o PP veña agora a presentar un documento inservible para resolver os problemas creados polo propio Feijóo logo de 7 anos nos que recortaron o 70 por cento dos orzamentos para a defensa da lingua.

O “momento de emerxencia” da lingua galega, advertiu, non pode ser resolto cun documento que evita facer unha diagnose da situación actual do galego, co que “dificilmente se poden tomar solucións”. Criticou que se remitan á diagnose feita no Plan Xeral de Normalización de hai 11 anos, “dos que 8 gobernaron vostedes”, e reivindicou “retomar a análise para ver qué cambiou” nesta etapa.

A responsable socialista advertiu que tamén carece de obxectivos “claros e concretos” máis alá de propostas “xeralistas sen unha relación de indicadores”, co que “non ofrece nada novo con respecto ao Plan Xeral e aínda por riba o empeora”.

 

Atender en galego

A responsable socialista censurou que “en ningún momento aparece a defensa dos dereitos lingüísticos dos consumidores e dos clientes”. Explicou que “non van facer comprender ás empresas que a cidadanía ten dereito a ser atendida na súa lingua se non comprenden que a administración pública ten a obriga de atender aos usuarios en galego.

Sinalou a situación específica do uso no galego na administración de Xustiza, ausente da política lingüística da Xunta, e advertiu da necesidade de impulsar o uso do galego e frear a sangría de falantes como primeira medida para que as empresas aposten por esta lingua. “Se cada vez hai menos persoas que falen en galego haberá menos empresas que utilicen o galego”, resumiu.

Concepción Burgo criticou que “repiten as mesmas medidas en tódolos eidos cambiando tan só a denominación”, co que “todo se resume a campañas publicitarias -con a lo menos dúas delas en cada apartado- e á colaboración coas organizacións de cada sector agás á banca”.

Sinalou que o goberno galego intente “establecer convenios nas grandes empresas cando son incapaces de ter películas dobradas ao galego”, mentres “renuncian a citar á CRTVG, que polo visto non ten nada que dicir nin que facer no eido da publicidade nin no impulso do uso do galego nas empresas”, ironizou. Mentres, “tan só citan á lusofonía unha soa vez”, renunciando á oportunidade do mercado portugués para as empresas galegas.