08:54 h. Viernes, 23 de agosto de 2019

Compromiso participará no Alderdi Eguna, día do PNV

A organización galeguista agarda que se respete a vontade maioritaría do pobo catalán

Stadio Sport  |  25 de septiembre de 2015 (16:59 h.)
Más acciones:

 

Compromiso por Galicia vén de anunciar a súa participación no Alderdi Eguna, día do Partido Nacionalista Vasco, que se celebrará o vindeiro 27 de setembro en Foronda (Araba). A el acudirá unha delegación, encabezada polo Secretario de Organización, Manoel Vello, e a membro da Executiva Nacional Sandra Araúxo, xunto con membros da Mocidade Nacionalista Galega, que tamén participará nun encontro internacional en Sabin Etxea (Bilbo) con intervención políticas. Para o líder da organización galeguista, Xoán Bascuas, “a nosa relación co PNV é excelente, traballando arreo no Parlamento Europeo para a defensa dos intereses de Galicia, e estando encantados e encantadas de celebrar, un ano máis, o día dun partido caracterizado polas políticas de dignificación do autogoberno do seu Pais e polo desenvolvemento das políticas sociais máis avanzadas de Europa, como así amosan os diferentes indicadores de calidade de vida e benestar social”.

De igual xeito, o Secretario Xeral de Compromiso non quixo deixar pasar a ocasión para lembrar, con referencia ás eleccións catalás, “que non existe máis límite que a expresada de xeito maioritario nas urnas pola súa cidadanía, respectando os principios democráticos que deben rexer todo proceso electoral e político”. Así, Bascuas quixo indicar que “Galicia non é Cataluña”, e que a día de hoxe, “a nós tócanos solicitar máis autogoberno e o recoñecemento da plurinacionalidade do Estado” e sexa cal sexa o resultado do domingo, “pide respecto ao dereito a decidir dunha nación como é catalá”.