06:30 h. Martes, 21 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Feijóo pide o voto para seguir creando emprego e sinala que non hai opcións intermedias a que a alternativa sexa a volta do PSOE

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para seguir creando emprego, continuar avanzando e consolidando a melloría acadada co obxectivo de que chegue a todas as familias.

Stadio Sport  |  04 de Diciembre de 2015 (06:35 h.)
Más acciones:

Segundo o líder dos populares galegos, que asistiu ao acto de pegada de carteis que deu inicio á campaña electoral do PP e que tivo lugar na Coruña, non hai opcións intermedias nestas eleccións a que a alternativa ao seu partido sexa a volta do PSOE ao Goberno, algo que cualificou como o contrario do que querían para este país hai catro anos.

No acto, onde estivo acompañado polo candidato número un ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Lorenzo, e por outros integrantes das listas desa provincia ás Cortes Xerais do Estado, Feijóo recordou que hai catro anos, cando España estaba gobernada polo PSOE, iniciaban unha campaña electoral sendo a nación que máis paro producía, coa economía máis débil e que máis decrecía, estando a punto do rescate que cuestionaba o futuro da xente deste país.

Pola contra, o mandatario salientou que hoxe, tras catro anos gobernando o PP, empezan unha campaña despois de moito esforzo ás costas pero tamén con resultados e con certezas de futuro de que se seguirá crecendo e creándose emprego.

O dirixente asegurou que o Partido Popular non ten a soberbia dos que o fixeron todo mal hai catro anos nin dos que van de novos porque nunca fixeron nada. Segundo as súas palabras, os populares teñen a humildade que da a experiencia de servir ao pobo nos momentos máis difíciles e de que o conseguido non é para conformarse senón para mostrar que aínda poden conseguir máis.

Para Feijóo, mentres uns só traballan pola súa imaxe e a súa propia ambición, Mariano Rajoy traballa, polo seu país, sendo España e a súa recuperación a súa ambición.

O PARTIDO DAS CERTEZAS

Alberto Núñez Feijóo recoñeceu que saben que aínda hai moita xente que o pasa mal e que non se resolveron todos os problemas pero que, ao mesmo tempo, este país recuperou o futuro.

O presidente sinalou que as miles de persoas que recuperaron o traballo en Galicia e en toda España son as que nos ensinan que poden seguir creando emprego e que volve haber esperanza para os que aínda non a teñen.

Nesta liña, Feijóo indicou que o día 21 de decembro pode volver a mala experiencia do pasado se goberna o PSOE ou pode seguir a certeza de que este país seguirá adiante día a día, recuperándose, e creando emprego  coa seguridade que soamente a pode dar o Partido Popular.

O PARTIDO DE GALICIA E DE ESPAÑA

O líder do PPdeG salientou que son galegos e síntense orgullosos de ser como son e sentir como sinten, do que fixeron ao longo da historia e nestes anos difíciles, sendo ese o seu modo de ser españois. Así, Feijóo engadiu que lles importa España porque é a súa xente e son eles mesmos.

Nesa mesma liña, o presidente pediu o voto para o PP, un partido que naceu en Galicia para defender España e aos galegos, o que máis representa o sentir da nosa comunidade e quen máis demostrou o que lle importa cos investimentos realizados estes anos.

 

Segundo o mandatario galego, só os populares aseguran continuar coa recuperación do noso país e cren na igualdade de todos, nunha España na que os galegos teñen que ter as mesmas oportunidades que o resto dos españois e na que todos eles teñen máis oportunidades que no pasado.