09:30 h. Viernes, 24 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Feijóo: “A continuidade de Rajoy como presidente é a mellor garantía de que Galicia siga sendo prioridade do Goberno de España”

O líder do PPdeG lembrou que as opcións que hai no vindeiro 20D son unha quegarante a unidade de España e a igualdade entre os españois ouvarias que poñen os intereses de Galicia por detrás dos doutras comunidades; entre unha opción que garante solvencia, crecemento e estabilidade e varias opcións que só destacan na telexenia e o márketing. 

Stadio Sport  |  04 de Diciembre de 2015 (20:47 h.)
Más acciones:

Así o recordaba o dirixente popular no acto de Balance do Goberno de Rajoy con Galicia, no que estivo acompañado pola candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, e polo candidato ao Senado pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro. Alí, o líder do PPdeG facía fincapé en que un goberno coas arcas do Estado repletas esqueceuse de Galicia, mentres que outro goberno encargado de xestionar a maior crise económica tivo sempre Galicia como prioridade. 

Na mesma liña, o líder dos populares galegos engadiu que apostar pola continuidade de Rajoy como presidente do Goberno é a mellor garantía de que España siga na liña ascendente que comezou; de que haxa unhas contas públicas ordenadas; e de que se sigan pagando menos impostos. 

Ademais, fixo fincapé en que se Rajoy segue sendo presidente será a mellor garantía de que se teñan en conta os sectores produtivos galegos, tal e como sucedeu cos lácteo, co sector aeronáutico ou co eólico. 

Así mesmo, puxo en valor a súa continuidade á fronte do Goberno central para que se sigan desbloqueando infraestruturas que Galicia necesita, como a Autovía do Cantábrico, rematada co Goberno de Rajoy; a de Santiago-Lugo, que nunha parte importante xa está a disposición dos cidadáns; a A-74 Barreiros –San Cibrao, que pronto será unha realidade, ou o AVE á Meseta, que estará rematado e funcionando -como xa funciona o Eixo Atlántico- na vindeira lexislatura. 

Segundo Feijóo, só hai unha fórmula segura para que se fale das infraestruturas galegas con adxudicacións, licitacións e postas en servizo e evitar así que parezan un privilexio inalcanzable, e é votar ao PP. 

O QUE ESTÁ EN XOGO O 20D

En resumo, trátase de elixir entre a certeza de que vai saír das urnas un Goberno que siga investindo en Galicia e impulsando o crecementoou a incerteza que dan unhas candidaturas que non se sabe a quen investirán presidente. 

Como lembrou Feijóo, a maioría da xente é consciente de que se hoxe estamos mellor que hai catro anos é porque un Goberno do PP lle plantou cara á crise.