12:30 h. Domingo, 18 de Noviembre de 2018

Stadio Sport

O líder pasa o rodillo en Vimianzo

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo con dúas facianas moi diferentes para o Fisober
Stadio Sport  |  16 de Diciembre de 2014 (00:57 h.)
Más acciones:

 

A nota negativa no deportivo onde o líder invicto o Soto del Real gañou con autoridade as costeiras.

A positiva a da xornada solidaria, que foi un éxito grazas o enorme traballo dos compoñentes da Peña Marea Nejra, a xente que colaborou aportando o seu gran de area, en forma de xoguetes ou alimentos , que se acercou o Pavillón de Vimianzo e resaltar tamén as animosas compoñentes das categorías inferiores do Fisober que non deixaron de animar durante a xornada a pesar dos resultados tanto en Nacional como en Provincial.

No netamente deportivo. O partido comezou cun gran ritmo e vistosidade . Con ocasións por ambos lados. Para as locais , Raquel e Inés tiveron moi boas ocasións para adiantar as costeiras.

Pero os seis minutos, a visitante Patri aproveitaba unha xogada de pizarra a saque de esquina para adiantar as súas.

Pouco a pouco e co paso dos minutos cada vez as madrileñas eran máis superiores. Así os doce minutos de novo Patri se atopaba co gol para facer o cero a dous.

Dende aquí as visitantes foron un auténtico vendaval, amosando un gran fútbol sala o cal as locais eran incapaces de frear, deixando as credenciais de porque son líderes invictas da competición.

A cinco para o fin da primeira metade foi Laura a que facía o terceiro visitante, un minuto despois Raquel facía o cuarto e chegando o último minuto era Belén a que facía o quinto co que se chegaba o tempo de lecer.

No arranque da segunda metade non cambiou o guión , nin o dominio visitante. Aguantaron o primeiro empuxe as costeiras, ata que no minuto sete de novo Belén facía o sexto.

 

Ficha Técnica:

FISOBER : Leti, Ana, Raquel, Inés e Noelia ; tamén xogaron : Mai, Tamara e Laura.

SOTO : Elena, Coral, Marta, Belén e Isabel ; tamén xogaron : Patri, Laura, Patricia, Ana e Raquel.

ÁRBITROS : Xurxo García e Óliver Cardero , CRONO: Pablo Guntín.

GOLES: 0-1 Patri, 0-2 Patri, 0-3 Laura, 0-4 Raquel, 0-5 Belén, ( descanso ), 0-6 Belén, 0-7 Ana,  0-8 Raquel.

Mediada está segunda metade a dez e oito minutos para o fin respectivamente  eran Ana e Raquel as que establecían o definitivo cero a oito no electrónico.

Dende aquí ata o fin xa non mudou o marcador, nun duro partido para o Fisober ante un potente rival. A pesar da contundente derrota os resultados da xornada axudaron e permiten as costeiras seguir fora do descenso.