Asínanse en Santiago 9 convenios de colaboración do Plan de Patrocino dos equipos de alta competición de Galicia que compiten en ligas regulares
Un total de 78 clubs beneficiaranse do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2013/2014 da Fundación Deporte Galego, ao que se destinan un total de 1.742.400 euros.
Os 78 patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que, a competición de máximo nivel, se desenvolve na categoría absoluta en sistema de liga regular, á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente.
Na zona de Santiago, a Fundación destina un total de 194.482,40 euros para 9 equipos de alta competición.