12:09 h. Domingo, 18 de Noviembre de 2018

Stadio Sport

José Manuel Sande presenta ‘Corps en résistante’, a primeira retrospectiva de Valérie Jouve no Estado, “o que converte A Coruña nun referente da arte contemporánea”

O concelleiro de Culturas destaca a programación “brillante” da Fundación Luis Seoane, que inaugura este xoves ás 20.00 h unha coprodución co museo parisino Jeu de Paume

Stadio Sport  |  04 de Noviembre de 2015 (18:29 h.)
Más acciones:

 

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou este mércores na Fundación Luis Seoane ‘Corps en résistance’ , a primeira exposición monográfica da artista e fotógrafa francesa Valérie Jouve no Estado. “É unha honra e un privilexio poder contar con esta exposición que convirte á Fundación nun referente da arte contemporánea a escala preferible”. O edil salientou “a programación brillante” do espazo dirixido por David Barro que acollerá, até o 17 de xaneiro, a coprodución co museo de arte contemporánea Jeu de Paume de París.

Corps en résistance é unha conxunto de fotografías e películas en 16 mm. da artista francesa realizadas desde finais dos anos oitenta até a actualidade na que tamén participa a instalación Blues, creada especificamente para a mostra da rúa San Francisco. “Esta é unha exposición que podería estar en calquera museo internacional de primeira fila”, salientou David Barro, quen puxo en relación a obra da fotógrafa con Luis Seoane. “Ambos falan dunha sorte de exilio permanente.  Cando Valerie fala do territorio, sempre desprega unha historia, como facía Luis Seoane cos albatros dos seus cadros que voaban observando o territorio”, explicou o director da Fundación.  

Barro tamén fixo fincapé no “carácter político” da obra de Jouve e na formación sociolóxica da artista, quen comezou a fotografar “a través das súas investigacións sobre a segunda xeración de inmigrantes de Lyon”. “As súas fotografías son como entrevistas baseadas na metodoloxía sociolóxica, pero cuestionan o límite da antropoloxía”, sinalou o director, “as imaxes desarticulan as respostas, deixan aberta ao espectador a concepción da fotografía”.

Neste sentido Valérie Jouve, durante a presentación, lembrou que ela “busca abrir portas” coa súa obra, na que sinala “é máis importante amosar o sentimento dunha situación que explicar a orixe da miña fotografía”. En Corps en résistance  , a fotógrafa escapa do retrato e da relación “entre a figura e o espectador” para vincular “o obxecto co seu espazo e contexto”. “Non quero facer imaxes precisas, quero deixar espazo á imaxinación do espectador”, insistiu. 

A inauguración de Corps en résistance   será mañá, xoves 5 de novembro, ás 20.00 horas.