17:49 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Dispoñibles as entradas para o desprazamento da Marea Celeste do Breo a Ourense

Dende este mércores podense mercar no Pazo Provincial dos Deportes, tanto as entradas do partido do venres (21:00 horas), como as do domingo (19:00 horas)

Stadio Sport  |  21 de Mayo de 2015 (00:18 h.)
Más acciones:

 

O Club Ourense Baloncesto e o Club Baloncesto Breogán, dadas as excelentes relacións entre ámbalas dúas entidades, veñen de acordar o intercambio de 900 entradas para a venda das mesmas a afección rival para cada un dos partidos da serie final.

En Lugo, dende este mércores, podense mercar no Pazo Provincial dos Deportes, tanto as entradas do partido do venres (21:00 horas), como as do domingo (19:00 horas).

Dende esa hora e ata as 18:00 horas do xoves os abonados do club poderán retirar unha entrada por cada carné de abono da tempada 2014/2015. Para elo será obrigatorio amosalo no momento da compra. Os prezos serán os seguintes:


Adulto maior de 25 anos: 17 euros.

Colectivos: Discapacitados,  pensionistas, desempregados, e menores de 25 anos no momento da compra, 10 euros 

Infantil: (Entre 5 y 15 anos) 2 euros.

Dende as 18 horas deste xoves, e de quedar entradas sen vender, poderán optar a elas os non aboados do club ao mesmo prezo.

O Club facilitará para todos aqueles que o desexen o prezo de 5 euros a posibilidade de viaxar nun autobús que sairá do Pazo o venres as 19 horas e regresará tras finalizalo o encontro. O domingo os horario de saída será as 17:00 horas.

Os interesados deberán de abonar o prezo da viaxe no mesmo momento que mercan as entradas.