02:33 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

O tetracampión do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, chegou a casa

O galego foi recibido pola súa familia, deportistas e membros da federación galega

Stadio Sport  |  16 de Septiembre de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

O tetracampión do mundo de tríatlon Javier Gómez Noya chegou hoxe a Galicia coa tranquilidade e felicidade que dan os bos resultados e o traballo ben feito. 

As cinco da tarde aterrou no aeroporto de Peinador, onde estaban esperando por el o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; os seus pais; unha nutrida representación do seu club, Cidade de Lugo Fluvial; membros da Federación Galega de Tríatlon; xuíces; deportistas do Galaico de Pontevedra... En resumo, unha representación do tríatlon galego. Coma sempre, Javi tivo un minuto para todos, para facer fotos, para asinar autógrafos, para dar abrazos e para atender aos medios de comunicación. 

Así, explicou que “foi unha tempada moi exitosa, posiblemente a mellor da miña carreira. Sobre todo empecei moi ben o ano, con moitas vitorias seguidas nas Word Series e rematei tamén moi ben con ese terceiro posto en Edmonton que me aseguraba o Mundial e despois co Campionato do Mundo de Medio Ironman, que non me esperaba. A verdade é que estou moi satisfeito por como transcorreron as cousas. Este ano traballei moitísimo pero cando ese traballo vai acompañado de éxitos, é máis fácil”. 

O ferrolán cree que o éxito do seu ano pode explicarse na suma de varios factores e sobre todo no traballo: “A veces a diferenza que te permite gañar está no sacrificio e no traballo que realizas. Eu todos os anos adestro moito e o mellor que podo. Hai anos que tes máis sorte, mentres que outros tes máis problemas, lesións e non podes ter a continuidade que te gustaría. Este ano, nese sentido, puiden adestrar ben e tamén mellorei tácticamente; a experiencia axuda”. 

Agora pensa no futuro: “Xa comecei a facer o primeiro calendario da próxima tempada, pensando nas competicións e en algunhas cousas cara ao ano que ven, porque en nada estamos na tempada dos Xogos de Río, que é o meu obxectivo a medio prazo”.