01:40 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Susana Rodríguez, bronce na proba mundial de Paratríatlon de Londres

A loita estivo entre as tres máximas candidatas a facerse co triunfo: Melissa Reid, que competía en casa; a holandesa Joleen Hakker e a galega Susana Rodríguez, que acudía a esta cita coa súa guía Mayalen Noriega

Stadio Sport  |  01 de Junio de 2015 (01:30 h.)
Más acciones:

 

A viguesa Susana Rodríguez acadou a medalla de bronce na proba mundial de Paratríatlon, que se disputou en Londres.

A loita estivo entre as tres máximas candidatas a facerse co triunfo: Melissa Reid, que competía en casa; a holandesa Joleen Hakker e a galega Susana Rodríguez, que acudía a esta cita coa súa guía Mayalen Noriega.

Pero nesta oportunidade, Susana non tivo o mellor dos días e non estivo ao nivel de Madrid, onde logrou o ouro. A proba foi liderada pola holandesa Joleen Hakker, que saía con tempo de compensación por diante (3:48), pero Melissa Reid foi remontando pouco a pouco ata acadar a primeira posición ao final. Desta forma, o triunfo foi para Reid cun tempo de 01:10:36; prata para Joleen (01:10:50) e bronce para Susana (01:12:24), que a pesar de ir recortando non foi quen de alcanzalas.