23:04 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Saleta Castro participará no Ironman de Lanzarote

Saleta enfronta este reto en boas condicións físicas, nunha proba moi aberta e sen claras favoritas para facerse co triunfo. Así, a nosa deportista atópase entre o grupo de favoritas

Stadio Sport  |  22 de Mayo de 2015 (15:17 h.)
Más acciones:

 

Saleta Castro participará o sábado 23 no Ironman de Lanzarote, unha proba do máximo prestixio na que se atopa moi a gusto e acada magníficos resultados. No 2013 acadou a medalla de bronce e no 2014 foi a quinta clasificada. 

Saleta enfronta este reto en boas condicións físicas, nunha proba moi aberta e sen claras favoritas para facerse co triunfo. Así, a nosa deportista atópase entre o grupo de favoritas. 

O Ironman de Lanzarote celebra ese ano a súa 24 edición coa participación de case 2.000 deportistas. As distancias do Ironman son de 3.800 metros de natación, 180 quilómetros en bicicleta e 42,2 de carreira a pe. A natación realizarase na praia Grande, mentres que o ciclismo é o sector máis duro para os participantes existentes, xa que deberán enfrontarse aos fortes ventos e ao altísimo desnivel (2.551 metros). Os deportistas rematarán co sector de carreira a pe, que descorrerá polo paseo marítimo da Avenida das Praias.