22:46 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Este sábado o Concello de Tui acolle a saída do III Tríatlon do Concello de Porriño

A proba de natación sairá dende a praia da Marina de Tui ás cinco da tarde

Stadio Sport  |  03 de Junio de 2015 (00:58 h.)
Más acciones:

 

Este sábado 6 de xuño, o Concello de Tui volverá a acoller a saída do III Tríatlon Concello de Porriño, que nesta terceira edición contará con máis de 300 triatletas.

Ás 17h horas darase a saída da proba de natación dende a praia da Marina de Tui, ao carón da Comandancia de Marina, onde os deportistas realizarán o percorrido de 750 metros nadando polo río Miño.

O aparcadoiro do Club Náutico San Telmo albergará a zona de transición entre a natación e o sector de bicicleta, percorrendo os ciclistas as rúas Antero Rubín, Canónigo Valiño, Rúa Calzada, Rúa Arrayal, San Bartolomé, Rúa Loureiro, Camiño de Barros e Senda de Barros, para cruzar a antiga Nacional 550, e dirixirse hacia Porriño pola estrada PO342 sentido Ribadelouro, que dende as 17.00 horas quedarán pechadas ao tráfico. Os ciclistas percorrerán un total de 20,2 quilómetros ata Porriño.

Por último, o sector de carreira realizarase integramente en Porriño, realizando os participantes un percorrido de 5 quilómetros.

O Concello de Tui agradece a colaboración dos voluntarios dos clubes tudenses, da Policía Local de Tui, da Comandancia de Marina de Tui,  dos Bombeiros Voluntarios de Valença e da Cruz Vermelha de Valença, no seu traballo de velar pola seguridade dos participantes tanto no río como na estrada. Así como pide colaboración aos veciños e veciñas das rúas por onde discorre a proba, dado que o circuito permanecerá pechado entre as 17h e as 18.15 horas.